Benvido(a) á Galipedia, Soneu56!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 3 de agosto de 2017 ás 21:12 (UTC)Responder

Pablo Rubén Eyré editar

Boas Soneu56, tiven que borrar a imaxe de Pablo Rubén Eyré porque ten dereitos de autor. Se queres máis información sobre o uso de imaxes na Galipedia podes consultar Wikipedia:Política de uso de imaxes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 21:32 (UTC)Responder

Ola! Non sei como facer para responder. Grazas pola corrección de erro. En todo caso, dígoche que a imaxe é dunha persoa amiga e non ten problemas en que se reproduza... pero, vaia, xa comentaremos...—o anterior comentario sen asinar foi feito por Soneu56 (conversacontribucións) 9 de agosto de 2017 ás 21:40‎

Boas de novo. Por un lado, para responder ós comentarios o mellor é poñer a resposta na páxina de conversa do usuario que che deixou a mensaxe (así sáelle o aviso de que ten novas mensaxes). Por outro lado, nas páxinas de conversa hai que asinar os comentarios para que sexa doado diferenciar o que está comentando cada usuario :). E finalmente o da imaxe. Entendo o que que me dis, pero temos un problema, todo o que hai na Galipedia ten que poder ser verificado nas súas fontes e, se é unha copia, debe ter unha licenza libre compatible coa da Galipedia. Para o caso dunha foto, se está nunha web externa como este caso, hai que revisar a licenza dese sitio. E aí está o problema, a web de onde colliches a foto non indica a licenza e entón asúmese por defecto que ten copyright. Para amañar isto hai varias posibilidades:
  • que na web onde está a foto engadan un pequeno pé á imaxe indicando "Licenza CC-BY-SA"
  • que a autora publique outra foto nun sitio web indicando unha licenza libre compatible coa da Galipedia (CC-BY-SA, por exemplo), pode publicala en Wikimedia Commons ou en Flickr, por exemplo
  • que a autora envíe un correo electrónico a Wikimedia Commons cos seus datos e a imaxe, indicando que ela é a autora e que quere liberala cunha licenza libre (hai un modelo de correo electrónico e os pasos a seguir en OTRS). Se tes calquera dúbida, pregúntame o que precises que para iso estamos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 08:08 (UTC)Responder
Si, con esa foto non hai problema ningún. Para traducir a páxina na wiki en castelán hai unha ferramenta moi boa na wiki, chámase Tradutor de contido. Esta ferramenta fai unha tradución automática pero adaptando as ligazóns internas do artigo e outras axudas, coa que o único que hai que facer é revisar, e amañar se é preciso, a tradución. Se che interesa douche máis detalles. Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2017 ás 21:46 (UTC)Responder
Estupendo traballo, porén, aínda cumpría outra referencia máis :), na primeira frase dáse a súa data e lugar de nacemento, pero non hai referencia desa información ;).
Na Galipedia hai traballo a eito, se queres facer artigos das túas afeccións ou coñecementos seguro que hai moitas cousas nas que podes axudar, tamén hai tarefas de revisión e mellora, sobre todo ortográfica. Se non sabes por onde tirar, temos a sección de Wikipedia:Artigos solicitados, na que hai de todo! :) Se tes calquera dúbida, non quedes con ela, compártea! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 15:55 (UTC)Responder
Perfecto, e grazas a ti por amañar os detalles do artigo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de agosto de 2017 ás 21:02 (UTC)Responder