Benvido(a) á Galipedia, Silvia!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 10:56, 11 outubro 2007 (UTC)

Outra benvida editar

  • Ola Silvia, benvido a Galipedia, espero sexa enriquecedor o tempo que pases aquí, se precisas coñecer como vai isto podes acudir a páxina de axuda ou ben facer consultas na taberna. Tamén podes contactar con outros usuarios na súa páxina persoal ou cos adminsitradores. A Galipedia ten agora uns 28.130 artigos e segue crecendo, espero que a túa contribución neste proxecto sexa un pulo máis para espallar os coñecementos e nosa fermosa lingua e cultura no mundo. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 14:43, 11 outubro 2007 (UTC)


Paz eterna editar

Ola Silvia, no teu artigo Paz eterna, dis algo asi como que Inmanuel Kant publicou un ensaio en 1975, estás segura? Non sería que no caso llo publicaron nesa data? Eu non sei case anda sobre Filosofía pero creo que te trabucaches--Hugo22 11:21, 16 maio 2008 (UTC).

Ola, Silvia, benvida. Movín o artigo a Zum ewigen Frieden, que é onde debe estar seguindo as regras da Galipedia. Ademais, borrei a entrada paz eterna, porque ese artigo faría referencia a un concepto que nace antes de Kant e que se prolonga despois de Kant, e non unicamente á obra de Kant. Calquera dúbida que teñas, pregúntame sen medo. Ah, xa corrixín a data pola que preguntaba Hugo22. Un saudiño. --Xabier Cid 11:50, 16 maio 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)