Severo Boán Aspiazu
Dámosche a benvida á Galipedia, Severo Boán Aspiazu!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 3 de agosto de 2022 ás 13:51 (UTC)
- Grazas, Chairego! Desculpa o retraso desta resposta á túa amable benvida. Severo Boán Aspiazu (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 08:38 (UTC)
Posible conflito de intereses editar
Ola Severo Boán Aspiazu. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .
Grazas, un saúdo.--. HombreDHojalata.conversa 20 de agosto de 2022 ás 10:06 (UTC)
- Ola, HombreDHojalata. Grazas polo teu aviso. Práceme aclarar que, para a miña achega á páxina en cuestión, valinme exclusivamente do texto da "Cronoloxía biobibliográfica" da edición da obra completa do autor, no 2021, nas súas páxs. 1214-1218. Só agreguei dous adxectivos, "italiana" e "inglesa", para caracterizar dúas das tres formas de sonetos que usa, e iso fíxeno tras examinar os seus textos. Respecto á lista cronolóxica das obras, tomeina da páx. 1218 da obra citada, e principalmente incluína porque a obra completa observo que contén oito obras inéditas ata ese momento, e non vin outra maneira de as nomear. Severo Boán Aspiazu (conversa) 21 de agosto de 2022 ás 15:56 (UTC)