Benvido(a) á Galipedia, Santiago Vieites!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 09:54, 4 setembro 2007 (UTC)

Ola, Santiago. Benvido á Galipedia. Os teus artigos sobre estradas son fantásticos. Parabéns! Con todo, era necesario que fosen un pouco máis referenciados, particularmente indicando as fontes nos casos de declaracións de políticos no tema polémico. Podes indicar os medios en que saíron esas declaracións? Moitas grazas por todo, e ánimo para seguir. --Xabier Cid 10:07, 4 setembro 2007 (UTC)

Tes algúns comentarios nas páxinas de discusión do artigo, sobre dúbidas en abreviaturas e así. Bótalles un ollo, ;). Grazas --Xabier Cid 10:25, 4 setembro 2007 (UTC)

Ola, Santiago. Moi bos os teus artigos, e moi bos tamén os comentarios, que axudaron a melloralos moito. Polo do galego non te preocupes. A Galipedia é unha obra que se fai entre todos, e cada un achega a parte na que sabe máis. Así que non teñas medo de meter a pata ou de non estar á ultimísima, porque sempre haberá quen o emende. Ti por iso non teñas mal. Sería estupendo qu seguises usando os teus coñecementos de estradas en facer máis artigos... Son realmente moi bos: ben estruturados, achegando distintos puntos de vista... Con respecto ao das declaracións, é moi necesario que indiques a fonte en concreto: se é dun vídeo de YouTube, pois metendo unha ligazón ao vídeo; se é un artigo de La Región en papel, indicando que día se publicou, p.ex. O ideal sería que todos os datos que se verquesen na wikipedia estivesen referenciados; como iso é complexo, laborioso e non sempre se dá feito (e por iso hai só 27.000 artigos na Galipedia), cando menos deben estar referenciadas as afirmacións que poden dar a polémica. E estas dende o logo o son. Se podes buscar esas referencias concretas e indicalas, xa se podería retirar a etiqueta de atención. Moitas grazas, de verdade. --Xabier Cid 00:58, 5 setembro 2007 (UTC)

  • Outra cousa: aproveiteime do teu traballo para crear as plantillas correspondentes ás estradas da rede primaria básica e da rede primaria complementaria. Xa que estou podía crear da mesma forma as plantillas correspondentes ás outras redes, pero necesitaría saber os códigos de cores. Onde podería miralo? que clasificacións hai? Grazas por todo. --Xabier Cid 02:11, 5 setembro 2007 (UTC) Tomeime a licenza de facer a etiqueta da A-76, pero non estou seguro dos datos. Podes botarlle un ollo? Grazas. --Xabier Cid 02:43, 5 setembro 2007 (UTC)

Referencias e plantillas editar

Ía deixarche agora mesmo unha mensaxe. En [[Category:Caixas de información sobre infraestruturas]] tes os seis modelos que creei de estradas, cos seus usos. Non sei se cres que falta algún máis. As provinciais deixeinas con fondo branco, máis ca nada porque se aquí mudan, non quero pensar que haberá cores distintas en Huesca, Sevilla ou Zamora, ou incluso en cada illa; tamén porque, como ti dicías, vai ser difícil que haxa artigos desas estradas. Bótalles un ollo e dime se cres que está correcto, se metín a pata nalgures ou como vai.

As referencias métense co código <ref>seguido do texto da ligazón ou do que queiramos contar, seguido de</ref>. Despois, ao final do artigo, créase unha nova sección cun código para recuperar referencias. Hai moitos, e con diversos estilos, que podes copiar aquí e acolá. A min o que me gusta é este:

  
   ==Referencias==
   <div style="font-size:.8em">
   <references/>
   </div>

E máis nada... Ah, si, non esquezas asinar as mensaxes, que eu ben sei quen es, ;) pero se dentro duns meses pasa alguén polas páxinas de discusión non o vai saber... Moitas grazas pola túa axuda. --Xabier Cid 11:41, 5 setembro 2007 (UTC)