Dámosche a benvida á Galipedia, Santiago Lago Peñas!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 13 de abril de 2020 ás 10:56 (UTC)Responder

Autoedicións editar

Ola, o meu nome é Xabier. Acabo de desfacerche as edicións que fixeches, non te asustes. Agora vou explicarche por que. necesito 5 minutos. Síntoo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de abril de 2020 ás 12:36 (UTC)Responder

Primeiro de nada, desculpa que che interrompese o traballo. Preferín cortalo e explicar despois; quizais o fixen mal niso. E tamñen, moitas grazas por mellorar a Wikipedia. Son un dos administradores, estou aquí para axudar, e optei por cortar e que non gastases máis o tempo. Por que borrei todo o que fixeras? Porque o fixeches ti. Non debato que a información sexa incompleta ou incorrecta, pero unha persoa non pode facer artigos sobre si mesma ou sobre organizacións ou entidades a que está vinculada directamente. A regra está así para impedir contidos autopromocionais, e apóiase en que non somos obxectivos para valorar o que é importante e o que non. Polo tanto, todo o que publicaches desta vez foi eliminado. Querías autopromocionarte? Entendo que non. Que só queras facer isto por ben. E entendo que sexa moi frustrante precisamente que queiras facer algo polas boas e veña un descoñecido e che chimpe todo o traballo. De novo, síntoo. Agradézoche moito o traballo en nome da comunidade, pero non pode ser. Que podes facer? No seguinte parágrafo vouche explicar máis opcións, pero convídote a que amplíes coñecemento da wikipedia en calquera cousa; o único que non pode ser es ti mesmo. :) Se Donald Trump entrase a editar o seu artigo sería borrado e alguén explicaríalle máis ou menos o mesmo que che estou dicindo eu. E agora que? O primeiro, eu estou aquí para axudar. Pregúntame calquera cousa. Eu vou revisar os contidos que subiches, vou facer as correccións necesarias, e vou deixar sen meter contidos (ampliacións) que propuxeras ti. A razón é sempre a mesma: unha maior obxectividade. Agora teño que facer unha cousa que non pode agardar. Pero nunha hora ou así volverei por aquí para continuar con este artigo. En serio, moitas grazas polo traballo e sinto interrompercho desta maneira. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de abril de 2020 ás 12:48 (UTC)Responder
Ben, desculpa de novo por ir e vir. Tiña que atender a familia e non quera deixarte agardando. Que podes facer?
  • Preguntarme todas as dúbidas que teñas. Podes facelo na miña páxina de conversa (ou a calquera outra persoa usuaria da Wikipedia).E se queres mellor falar, teño unha conta de Telegram para isto. Contáctame sen medo (@xabitubbi). Estou para axudar.
  • Se ves cousas incorrectas no teu artigo, cóntamas. Ou cóntanolas. Non podemos poñelas porque si, pero podemos contrastalas, e retirar o que está errado e, se atopamos fontes válidas, poñelo correcto.
  • Axudar con outras cousas: en serio, na túa área de coñecemento falta moito por facer, e só necesitas editar como fixeches agora. Wikipedia mellorara moito coa túa axuda.

Queda unha cousa máis, que seguramente non teña que ver contigo. Pero xa que estou, explícocha. A maior parte dos contidos deste artigo foron creados por unha IP anónima en 2013. Inda non fun mirar quen era esa IP, que outras cousas fixera, e demais. A maior parte das ocasións, as IPs anónimas son xente que, por descoido ou porque prefire agochar os seus datos, edita ben e coa mellor das intencións. Outras veces, pouca, é xente que quere estragar, promocionar causas ou persoas, ou o que sexa. Aproveitando que caín hoxe aquí, vou facer unha revisión máis fonda do artigo. Se ves que desaparecen máis cousas, a razón é esa. E máis nada. De verdade, conta comigo para o que necesites e desculpa o frustrante da miña actuación. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de abril de 2020 ás 13:31 (UTC)Responder