Rebolicas
Benvido(a) á Galipedia, Rebolicas!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 09:17 (UTC)
Imaxes editar
Bos días Rebolicas, quitei unha das imaxes que puxeches no artigo Asociación A Solaina porque na Galipedia só se poden usar fotos que non teñan dereitos de autor. Isto quere dicir que non se poden poñer nos artigos imaxes que se collan de Internet porque o usual é que non sexan libres e entón non se poden usar na Galipedia. Pediríache que se as outras fotos que puxeches nese artigo non son realmente da túa autoría que me avises para solicitar o borrado. Se precisas calquera aclaración ou axuda coas imaxes, ou outra cousa da Galipedia, podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2013 ás 09:54 (UTC)