NoeliaAndrea
Benvido(a) á Galipedia, NoeliaAndrea!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 17 de febreiro de 2016 ás 16:07 (UTC) hhhh
Páxina de usuaria editar
Bos días Noelia, tiven que quitar da túa páxina de usuaria o modelo Sencat xa que facía que se incluíra na categoría de artigos sen categoría e iso é incorrecto e afecta ás tarefas de mantemento da Galipedia.
O que vin tamén é que o contido da túa páxina de usuaria da información da Asociación Xermolos, teño que dicirche que iso non é moi correcto, as páxinas de usuario son un espazo persoal de cada un dos usuarios para poñer notas, presentarse, etc., tes máis información en Wikipedia:Páxina de usuario. Os artigos teñen que facer no espazo de nomes de artigo, podes consultar Wikipedia:Como crear unha páxina para ver como facelo. Se precisas axuda con algo da Galipedia podes comentalo na Taberna ou na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2016 ás 09:25 (UTC)