Benvido(a) á Galipedia, Miguel.baleato!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --GallaecioE logo? 16:20, 20 setembro 2009 (UTC)

Desfixen a túa edición en Galicia, o caso é que non é neutral dicir que un determinado partido enlaza con tal tradición ou non e dar como fonte a web do propio partido, nese caso o único que se pode dicir é que o partido pretende enlazar ou afirma enlazar con tal tradición, para dicir que enlaza fan falta referencias que non sexan dese partido, para calquera dúbida podes poñerte en contacto conmigo na miña páxina de conversa.--RNC 18:37, 25 novembro 2009 (UTC)
Nun artigo da importancia de Galicia penso que cando hai diferentes opinións o mellor é chegar a un consenso, non entre dous senón entre a comunidade polo que o mellor é que expoñas na páxina de conversa do artigo a túa posición, para chegar a un texto de consenso, pola miña parte penso que hai textos de abondo que poñen en relación a UPG co galeguismo histórico sen ter que recorrer a unha do propio partido, pero é só é a miña opinión.--RNC 15:41, 26 novembro 2009 (UTC)