Benvido(a) á Galipedia, Migu elLB!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 10:24, 18 xullo 2008 (UTC).

Ola, MiguelLB. Benvido. Non sei se tes moita ou pouca experiencia en wikipedias, pero o primeiro que quero dicirche é que se necesitas calquera axuda a pidas, e que todos os usuarios estaremos encantados de botarche unha man e de resolverche dúbidas. :) Boa sorte! Ademais, quería comentarche un par de detalliños:

  1. cando se fan traducións doutros proxectos wiki hai que consignalo. Os contidos da wikipedia son libres, pero sempre hai que citar a súa procedencia cando os colles e os levas para outro sitio, aínda que sexa unha wikipedia nun idioma distinto. Como se fai? Pois ben sinxelo: no campo de Resumo que tes embaixo da caixa de edición debes indicar cando creas o artigo que é unha tradución de es.wp ou de en.wp ou da que sexa. Aquí tes algúns modelos de como facelo.
  2. se fas traducións automáticas, tes que ter coidado de repasar as ligazóns, as categorías, etc. Non todas as wikipedias seguen a mesma forma de expresar os nomes de lugar, de facer as páxinas de homónimos, etc. Revisa que as ligazóns funcionan ou están preparadas para funcionar, e que os tradutores respectan os nomes propios e esas cousas. Quizais xa o fixeches, ou incluso quizais fixeches unha tradución manual, pero é só como lembranza. Un saudiño, e aquí me tes (e aos demais) para o que faga falla. --Xabier Cid Conversa 10:56, 18 xullo 2008 (UTC)