Benvido(a) á Galipedia, Miaecmiguel!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ola, Miaecmiguel. Parabéns por chegar á Galipedia! Benvido! Marquei os teus artigos como en atención, porque non teñen o formato habitual da wikipedia: nin na forma de escribir os títulos, nin nos estilos xerais nin na carencia de ligazóns. Por que nn te animas a melloralos? Eu, e outros editores da wiki estamos aquí pra botarche unha man: non teñas medo a trabucarte nin a preguntar dúbidas. Un saudiño. --Xabier Cid 13:33, 5 marzo 2008 (UTC)

Copyright editar

Ola, Miaecmiguel. Tiven que borrar o artigo que incluíches sobre o CESGA porque os seus contidos foron copiados da propia web do CESGA, e polo tanto están sometidos ao copyright. Non se poden incluír nin textos nin imaxes que estean baixo licenzas de distribución incompatíbeis coa wikipedia. O que che recomendo é que contes a mesma información coas túas propias palabras. Así, de paso, poderás incorporar os estilos axeitados á Galipedia, incluír ligazóns, etc. Se necesitas axuda para calquera tema, non dubides en poñerte en contacto comigo.--Xabier Cid 12:31, 6 marzo 2008 (UTC)