Benvido á Galipedia, supoño que non o saberás pero movín Biduedo Baralla a Biduedo, Pedrafita de Camporredondo, Baralla por ser ese o nome que segundo as normas da Galipedia ten que levar o artigo dese lugar. Benvido de novo.--Miñato 21:16, 5 xaneiro 2007 (UTC)


Benvido(a) á Galipedia, Menkaura!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Déixolle esas ligazóns que che poden axudar un pouco a coñecer o funcionamento da Galipedia.--Miñato 21:24, 5 xaneiro 2007 (UTC)

Saúdo de BenvidaEditar

Benvido á Galipedia Menkaura. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:36, 5 xaneiro 2007 (UTC)


  • Moitas grazas pola axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:36, 28 maio 2007 (UTC)

Mapa de galipedistasEditar

Boas, engadinche no {{Mapa de galipedistas}}, se non queres aparecer avísame e desfago a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2013 ás 13:02 (UTC)

Fotos de parroquiasEditar

Boas Menkaura! Mira, viña facerche unha petición se che é posible. Resulta que temos unha páxina para conseguir fotos de todas as parroquias de Galicia, aquí, e como podes ver a provincia de Lugo, xunto coa de Ourense, está bastante deixada. O que quería saber é se ti terías fotos das parroquias do concello de Baralla que faltan, ou se terías posibilidade de achegarte ata elas e tirarlles algunhas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 10:05 (UTC)

Boas Elisardojm acabo de ler a mensaxe. Engandín dúas fotos que atopei de parroquias de Baralla. Tentarei de tirarlles fotos as igrexas da contorna e subilas, saúdos --Menkaura (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 01:16 (UTC)

Moitas grazas! Sobre o das fotos, non é necesario que fagas fotos das igrexas, podes facerlle foto a calquera cousa que sexa interesante e que estea dentro desa parroquia, a paisaxe, unha vista dun pobo desa parroquia, un castro, etc. Adóitanse poñer as fotos das igrexas porque son doadas de localizar, pero son benvidas tódalas imaxes da parroquia :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de novembro de 2017 ás 09:37 (UTC)

Posible violación de dereitos de autoría en BarallaEditar

Ola, Menkaura, grazas por colaborar con Wikipedia. Dámosche a benvida ao proxecto; con todo, hai un problema coas túas colaboracións no artigo Baralla, que consistiron na copia literal do contido doutras páxinas web, ou doutros medios que poderían estar protexidos por dereitos de autor. Como se explica en Wikipedia:Dereitos de autoría, esta clase de achegas non son aceptables, porque poden implicar unha violación dos dereitos dos autores do mesmo. Por esa razón, o texto foi retirado ou colocouse un aviso de posible violación de dereitos de autor.

Debes saber que, de acordo á Convención de Berna, que regula a propiedade intelectual a nivel internacional, todas as obras están protexidas e os seus autores resérvanse todos os dereitos de reprodución, salvo que o contrario se especifique clara e explicitamente. Aínda si a páxina da que copiaches o texto non indica que tódolos dereitos están reservados, iso non quere dicir que estean dispoñibles para o seu uso en Wikipedia.

Para poder admitir material en Wikipedia precísase que a licenza baixo a que se publican devanditas páxinas sexa compatible coa licenza baixo a que publica Wikipedia (Creative Commons Atribución-Compartir igual 3.0). Esta licenza permite o uso comercial dos contidos reempregados, a condición de que os usos que se lles dean sexan de acordo aos termos de uso da licenza.

Lembra que a política sobre os dereitos de autor é innegociable; aínda que outras persoas poden estar dispostas a violar a lei, a responsabilidade do proxecto Wikipedia é demasiado grande para permitírnolo. Para máis información sobre as normas, visita Wikipedia:Políticas e normas. Banjo tell me 2 de xullo de 2019 ás 15:36 (UTC)

Boas Banjo Sinto o problema coa edición no artigo Baralla Pensaba que como copiaba da páxina oficial do concello se podía usar na Wikipedia. Saúdos --Menkaura (conversa) 5 de xullo de 2019 ás 12:40 (UTC)