Benvido(a) á Galipedia, Mazaricu!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 22:44 (UTC)Responder

Val de Fornela editar

Boas Mazaricu, vin a túa edición no artigo Val de Fornela e aínda que non sei nada do tema hai unha parte que non me cadra. Nunha parte di: "Sufixo -inu: molín, camín, foucín, toucín, sobrín, xatín.", pero se o sufixo é -inu, como é que todos os exemplos rematan en -ín?

Por outra banda sería necesario achegar referencias para toda esa información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2015 ás 10:00 (UTC)Responder

O sufixo -inu e sufixo orixinal latino (-inum) que desenrola en -in na fala de Fornela / Forniella. En singular amosa un resultado preto ao astur-leonés (fronte ao dominio galaico-portugués -iño / -inho) mentres que en plural o resultado e propio do galego (nasalización das vogáis). Poño as referencias foi por nugalla. Saúdos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Mazaricu (conversacontribucións) 18 de decembro de 2015 ás 00:40‎

Pero entón, non habería que poñer, coma nos outros casos, "Sufixo -inu > -ín", se entendín ben, e para que quede claro? Grazas por achegar as referencias :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 00:57 (UTC)Responder
Ah, e outra cousa que xa me esquecía, para responder ós outros usuarios tes que facelo na súa páxina de usuario, ou se non tamén podes facerlle unha "chamada" poñendo no texto o seu nome de usuario, por exemplo algo así: Mazaricu, con isto vaiche chegar unha notificación. Así os interesados reciben un aviso de que hai mensaxes novas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 01:10 (UTC)Responder