Boas noites, Martín. Xa viches que revertín a túa edición no artigo sobre o PPdG porque non podemos entrar en discusións sobre se é galeguista ou antigaleguista. Na Galipedia, os editores non opinamos senón que recollemos información publicada e referenciada. Podemos pensar o que cada quen queira, pero iso non se traslada á Galipedia. Tamén medio revertín a edición de Ourense (que se lle chame Terra da Chspa, Auria e Oira). Mira, a Terra da Chispa é a provincia de Ourense, non a capital; Auria é un nome, efectivamente, da cidade, e podes ver no artigo que o deixo, e engado unha referencia. Oira non sei se designará á cidade pero eu só a coñezo como unha praia fluvial inmediata. Así funcionamos nesta casa: informacións correctas, obxectivas e referenciadas. Aceptando iso, é fácil colaborar na galipedia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 1 de febreiro de 2015 ás 21:40 (UTC)Responder

  • Lameiro o de terra da chispa dinme conta o momento mais tiñame que ir e deixeino porque é informacion util, o de Oira si que designa a praia de Oira e as piscinas bueno a zoa en xeral, e tamen a cidade porque eu teño amigos en Pontevedra, no Grove e eles coñecen ali a Ourense como Oira ou Ourense (Este comentario é cousa do usuario Martinfg998, o 3 de febreiro de 2015 ás 19:01‎, pero esqueceu asinar). [Pedro --Lameiro (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 18:15 (UTC)]Responder
    • Boas tardes, Martín. Primeiro, un par de detalles técnicos: cando contestes a calquera comentario que che fagamos debes facelo na páxina de conversa do interlocutor, non na túa; así apareceranos un aviso de que temos esa mensaxe e te aseguras de que non pasa desapercibida. O segundo é que te asegures sempre de asinar os teus comentarios (pero nunca as edicións nos artigos), iso é necesario para o historial da Galipedia pois almacena o nome do editor e a data e hora. Indo agora ó fondo da cuestión, manteño o dito: O nome de Terra da Chispa non sei se será útil ou non, pero neste artigo é incorrecta, e para apoiar o uso de Oira non abonda o que che digan os teus colegas. Entende que iso non son referencias válidas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 18:15 (UTC)Responder

Benvida editar

  Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas.--. HombreDHojalata.conversa 1 de febreiro de 2015 ás 22:33 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Martinfg998. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 10 de febreiro de 2015 ás 21:06 (UTC)Responder

toponimia editar

Ola, Martín; como xa che explicou outro usuario, ao facer contribucións é necesario incluír referencias. Así, para o dato do topónimo Leborín, igual que para o resto de artigos, cómpre achegar bibliografía que respalde a información que indicas, non abonda con fontes orais. Recoméndoche a lectura de bibliografía sobre toponimia que poidan respaldar a teoría de terra de lebres. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de marzo de 2015 ás 18:00 (UTC)Responder

modo gramatical editar

Ola, Martín. Revertín a túa edición no artigo modo gramatical porque as variedades dialectais (non dialetais) afectan non só ao imperativo, e porque o artigo se refire a todas as linguas, non só ao galego. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de maio de 2018 ás 16:48 (UTC)Responder