Lutin bleu
Benvido(a) á Galipedia, Lutin bleu!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Alberte Si, dígame? 01:26, 25 xaneiro 2009 (UTC)
Fixen numerosas modificacións nos artigos que creaches xa que tiñan estilo promocional e non enciclopédico. Eliminei frases valorativas e sen referenciar, para neutralizar un chisco os artigos, aínda que todavía quedaron con bastantes problemas. Aquí che deixo unhas páxinas de axuda para que lle botes unha ollada: Wikipedia:Cousas que non se deben facer#Non faga publicidade, Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, Wikipedia:Verificabilidade, Wikipedia:Punto de vista neutral. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 01:26, 25 xaneiro 2009 (UTC)