Benvido(a) á Galipedia, Licorcafe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(sólo la puntita) 08:32, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Nefrotoxicidade editar

Introducción editar

É a toxicidade exercida sobre os riles, órganos cuxa integridade funcional é esencial para o mantemento da homeostase corporal dos seres humanos. Isto é debido o seu papel primordial en funcións tan esenciais coma a excreción dos desfeitos metabólicos, a regulación do volume de líquido extracelular, a composición de electrólitos e o equilibrio ácido-base. Ademais, os riles sintetizan hormonas, tales como renina e eritropoietina, e metabolizan a vitamina D3.
Os riles son, con frecuencia, órganos diana de moitos axentes tóxicos que provocan perturbacións no seu comportamento fisiolóxico, que nalgunhas ocasións tradúcense en lesións graves.. Sen embargo estes órganos dispón de diversos mecanismos de desintoxicación e teñen reserva funcional e capacidade de rexeneración considerables.[1]

Causas da sensibilidade do ril os axentes tóxicos editar

Pola suas caracteristicas, os riles entran en contacto cunha grande cantidade de fármacos e sustancias químicas que circulan polo sangue. Os procesos que interveñen na concentración dos ouriños serven tamén para concentrar os tóxicos, que chegan finalmente ó líquido tubular, pois favorecen a súa penetración por difusión pasiva nas células tubulares. Polo tanto, pode ocorrer que un axente químico cuxa concentración non chega a ser tóxica no plasma alcance concentracións tóxicas nos riles. Finalmente o transporte, o depósito e o metabolismo dos xenobióticos contribúen notablemente á predisposición do ril para sufrir lesións tóxicas. [2]

Axentes nefrotóxicos específicos editar

Recibe o nome de axente nefrotóxico toda estrutura química que situada no sistema renal, é capaz de producir perturbacións e desequilibrios nos seus aspectos morfolóxicos e fisiolóxicos que conducen a lesión do órgano.
Existen moitos fármacos, sustancias químicas ambientais e metais que poden causar nefrotoxicidade e lesións de localización específica, podendo causar insuficiencia renal aguda (IRA) ou outros tipos de patoloxía, con consecuencias moi variables, que van dende a recuperación completa ata a aparición de lesións renais permanentes que poden obrigar a tratamentos de diálise ou de transplante renal.
  • Fármacos [3]
    • Analxésicos e antiinflamatorios non esteroideos. Son exemplos representativos a aspirina e a indometacina, que se asocian a tres tipos de procesos nefrotóxicos:
      • Fallo renal agudo, producido ás poucas horas da inxesta de grandes doses. .
      • Nefropatía analxésica, crónica e irreversible.
      • Nefritis intersticial, na que a función renal recupérase no prazo de 1 a 3 meses.
    • Antibióticos, como as cefalosporinas e tetraciclinas. En xeral os antimicrobianos producen toxicidade renal por varios mecanismos, coma o descenso do fluxo sanguíneo renal, nefritis intersticial, necrose tubular, Síndrome de Fanconi, glomerulonefrite por hipersensibilidade...
    • Antineoplásicos, como o Cisplatino. Durante algúns anos utilizouse como axente antineoplásico para o tratamento de tumores canceríxenos, de útero e de testículos, pero as súas aplicacións clínicas víronse limitadas pola súa nefrotoxicidade.
    • Contrastes radiopacos, como o Iodo hipuramato, utilizado para visualizar imaxes dos tecidos, en determinados estudos radiolóxicos
    • Inmunosupresores, como a Ciclosporina A, que permitiu levar a cabo o transplante de órganos con certo éxito, sen embargo a súa nefropatoxicidade é un efecto secundario.
  • Compostos medioambientais [4]
  1. Hidrocarburos haloxenados ou herbicidas
  2. Metais pesados (destacan mercúrio, fundamentalmente a forma orgánica, e cádmio[5])
  3. Micotoxinas
  4. Disolventes orgânicos (como a gasolina ou o tricloroetileno).

Valoración de nefrotoxicidade editar

Os estudos de avaliación da nefrotoxicidade que se efectúan en animais de experimentación consisten na valoración fisiopatolóxica dos riles despois do tratamento e son cruciais para identificar o sitio da lesión nefrotóxica, así como da natureza e gravidade da mesma. Estes estudos, que deben incluir o exame xeral de ouriños, a bioquímica sérica clínica, o estudo histopatolóxico, permitirán coñecer os efectos funcionais e morfolóxicos que produciu a sustancia química sobre os riles.
  1. 1,2
  2. 3,4
  3. 1
  4. 1
  5. 6

Bibliografía: editar

1. Jose Bello Gutierrez, Adela Lopez de Cerain Salsamendi. Fundamentos de ciencia toxicológica. Madrid : Díaz de Santos, D.L.2001
2. Curtis D. Klaassen y John B, Watkins III. MANUAL DE TOXICOLOGIA: La ciencia básica de los tóxicos. Mexico : McGraw-Hill Interamericana, cop. 2001
3. Gisbert Calabuig, Juan Antonio. MEDICINA LEGAL Y TOXICOLOGIA.4ª Edición. Madrid: Editorial Diaz de Santos, 2009.
4 Manuel Repetto Jiménez, Guillermo Repetto Kuhn. TOXICOLOGIA FUNDAMENTAL. Barcelona: Científico-Médica, 1988
5. Ramon Bataller Sifra Toxicología clínica. Universidad de Valencia, 2004
6.Sánchez Gonzalez, C. Vicente Sánchez, Miguel Ángel Arévalo Gómez. (Año 2006) Papel de la vía Ras en un modelo de nefrotoxicidad inducida por cadmio. Efecto protector del antioxidante quercetina. Revista de toxicología 2006;23(2-3):130-137