Benvido(a) á Galipedia, Koppany!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Desfixen as túas edicións por engadir spam, constituíndo edicións que só engadían ligazóns externas. Agardo que o entendas e colabores produtivamente na wiki. AlberteSi, digame? 21:10, 28 outubro 2007 (UTC)

  • Por favor, deixe de engadir spam. Se segue incluíndoo non terei máis remedio que bloquealo. Por favor, recapacite e colabore positivamente. Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:09, 30 outubro 2007 (UTC)
  • Case todas as edicións levan spam. Se queres modificar algo ou trocar algún dato sería bo que o referenciases, xa que pode semellar un vandalismo, e así evitas a súa reversión. AlberteSi, digame? 13:16, 30 outubro 2007 (UTC)
A ver se cho podo explicar: esta wikipedia é en galego, e o húngaro quédanos un tanto lonxe, así que engadir un fato de ligazóns a páxinas húngaras ou o idioma que sexa entenderás que o considere spam. Seguramente esas ligazóns irían mellor na wiki húngara. E se modificas así polas bravas Imperio Austrohúngaro por Hungría, sen engadir ningunha referencia, o que teño que facer é revertir. Síntoo. AlberteSi, digame? 13:24, 30 outubro 2007 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)