Benvido á Galipedia, Joseghast!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 13:31, 21 setembro 2008 (UTC).

Ola Joseghast. Hai un pequeno problema coa imaxe do título.

Nada nos indica que o autor da imaxe es ti. Á Galipedia só se poden subir imaxes propias ou imaxes que se poida constatar que están no dominio libre. Descoñecemos quen é o autor da imaxe (un tal Miguel Prado). Se o autor da imaxe foses ti, abondaría con que editases a túa páxina de usuario e indicases que ti es Miguel Prado. En caso contrario, ponte en contacto comigo.

Polo momento e como medida cautelar, retiro a imaxe dos artigos en que está sendo empregada. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  12:37, 7 agosto 2009 (UTC)

Máis aclaracións:

Como se deduce do que che dixen, a cesión de dereitos de autoría ou cesión de imaxes non está permitida na Galipedia. A imaxe non se pode manter tal e como está. A alternativa ideal para poder empregar esa imaxe na Galipedia é subila a Commons, un proxecto que é un fondo con 5.000.000 de imaxes do que se alimentan as Wikipedias (as imaxes de Commons poden empregarse en tódalas wikipedias como se fosen subidas a calquera delas). Para subila a Commons terías que seguir o procedemento explicado en Commons:Commons:OTRS/gl. O procedemento consiste, a grandes trazos, no seguinte:

  1. Enviarlle un correo ó teu amigo cun texto semellante ó presente en Commons:Modelos de mensaxes para que cho reenvíe a ti debidamente cumprimentado. Repara que no texto hai que indicar unha das licenzas de Commons e o título que a foto terá en Commons.
  2. Ó recibir o correo, ti terías que reenviarlle a resposta a permissions-commons@wikimedia.org.
  3. Subir a imaxe engadindo nos datos (no apartado permission) este texto: {{Otrs pending}}

No correo o teu amigo pode dar permiso para varias imaxes, non só para unha.

Unha vez que remate o procedemento e a imaxe sexa revisada, o teu amigo non poderá volverse atrás.

Se segues este procedemento, ti non tes ningunha responsabilidade. Se o teu amigo se volve atrás é problema seu, pois está documentado que deu o seu consentimento.

Outra alternativa é subila a Flickr, podo explicarcha, pero neste caso toda a responsabilidade sería túa. Non cho recomendo, pois se se volve atrás, a imaxe non será borrada da Galipedia.-- Lmbuga / Conversa comigo  19:33, 2 setembro 2009 (UTC)