Benvido(a) á Galipedia, Jbaronet!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Vin que cargaches algunhas imaxes na galipedia. Sinto decirche que os administradores ao revisalas diranche que non son válidas mentres non especifiques a orixe, quen a fixo... Para iso hai unha caixa de datos a cubrir (eu despoios copioa e modifico os datos nas seguintes imaxes). De todos modos bonitas imaxes e bo traballo. Un cordial saúdo. --Lansbricae 21:25, 12 abril 2007 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:Puente romano monforte.jpg editar

  Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Puente romano monforte.jpg' ' cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe. Esta imaxe foi cargada na Galipedia o 2 de xuño de 2007, na caché de Google do 1 de xuño de 2007 aparece como publicada en http://www.usuarios.lycos.es/lospuentes/otros_emblem.htm Alí non se aclara se son os autores ou procede doutro sitio, pero é exactamente a mesma imaxe incluídos os metadatos. Cómpre aclarar a orixe e o autor da imaxe. Non a única imaxe da que cómpre aclarar orixe ou licenza. Outras cargadas co usuario Xavier Baronet teñen os mesmos problemas, nos próximos días noutras mensaxes indicarei de cales se trata.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Prevertgl 18:11, 6 xuño 2007 (UTC)


Ola outra vez Jbaronet. As imaxes Image:Veiga 2.jpg, Image:Santalla 1.jpg, Image:Igrexa de Santalla.jpg tamén presentan problemas. Tres imaxes fotografadas con tres cámaras distintas, algunha delas aérea. Son precisos máis datos para confirmar a licenza e a autoría para poder mantelas na Galipedia. Se necesitas algunha aclaración e non queres facelo publicamente na páxina de discusión podes recurrir ao correo electrónico configuando un enderezo de correo nas túas preferencias de usuario e seguindo o enlace "Enviar un correo-e a este usuario" que hai na miña páxina. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:18, 20 xuño 2007 (UTC)

Image:Puente romano monforte.jpg é unha violación do copyright editar

  A imaxe Image:Puente romano monforte.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:Puente romano monforte.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

--Prevertgl 19:00, 11 xullo 2007 (UTC)