Benvido(a) á Galipedia, Ivkra!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --JaviP96 22 de agosto de 2013 ás 17:39 (UTC)Responder

Conflito de intereses editar

Ola Ivkra, no caso de que ti sexas Ricardo de Barreiro, abstente de crear ou editar o teu propio artigo, xa que estarías a incorrer nun conflito de intereses, que vai en contra das normas da Galipedia. Saúdos. --JaviP96 22 de agosto de 2013 ás 17:39 (UTC)Responder

Ola JaviP96, non son Ricardo de Barreiro. Pero estou utilizando a información que teño dispoñible del para crear a páxina da galipedia. Grazas polo aviso. Saúdos. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivkra (conversacontribucións)

Mándoche o aviso, porque só editaches ese artigo e outro relacionado con esa personalidade, ademais, engadiches no artigo gabanzas como "entrada pola porta grande". Teno en conta cando edites noutros artigos, porque non teñen cabida nunha enciclopedia. Bótalle un ollo ás ligazóns que tés na caixa de arriba, que che serán de moita utilidade. Por último, un par de apuntamentos, cando escribas nunha páxina de conversa (non nos artigos) inclúe ao final ~~~~ que engade a túa sinatura e a hora á que o puxeches e cando fales con outro usuario é mellor que lle respondas na súa páxina de conversa, para que reciba unha notificación e vexa a mensaxe. Un saúdo e boa estancia na Galipedia. --JaviP96 22 de agosto de 2013 ás 22:53 (UTC)Responder