Benvida editar

Dámosche a benvida á Galipedia, Isabelolobesai!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
  Recomendacións
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 07:50 (UTC)Responder

Vandalismo? editar

Ola, Isabelolobesai. Por favor, non elimines contido en Copa España (fútbol), sen máis. Se tes algún comentario a facer, podes facelo na páxina de conversa. De momento, revirto a túa edición. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 07:52 (UTC)Responder

Neste intre, mentres estaba escribindo a nota anterior, volves eliminar contido. Este vai ser o último aviso antes de proceder ao teu bloqueo. Un saúdo.

Hai unha razón DE PESO para o que fago. Un amigo vai publicar un traballo sobre unha materia inédita da que se fala neste artículo. Non pretendo facer vandalismo nin nada semellante. O autor ou autores deste artículo publicaron datos sen permiso do seu propietario. Así que é mellor que este artículo omita referencias a eses datos, ou mesmo sexa eliminado, e agardar a que ese libro sexa publicado e, logo, crear un artículo mellor coa referencia bibliográfica correspondente. Insisto, non pretendo facer vandalismo. Quero que quede claro, por favor. Non insistiría tanto nisto se non fose un caso especial. Por certo, amais do anterior, hai erros manifestos no artículo, e tampouco permites corrixilos.--Isabelolobesai (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 08:04 (UTC)Responder

Ola, Isabelolobesai. En primeiro lugar, moitas grazas polas túas contribucións. O meu nome é Xabier é, como o usuario Maghoi, estamos aquí para axudarte. Normalmente, cando unha persoa borra cachos enteiros, é para facer o mal. Pero xa que explicas o que queres, dígoche:

  • se hai datos incorrectos, corríxeos, por favor. Lembra, especialmente cando son cousas controvertidas, sinalar de que fonte proceden eses datos.
  • mencionas que hai datos que están referenciados nunha publicación inédita, pero eu non vexo tal (podo estar errado). Todos os datos que aparecen referenciados parecen vir de sitios normais e válidos. Digo o de válidos porque unha publicación inédita non é un fonte válida na Wikipedia.
  • se hai datos que carecen de referencia, pídoche por favor que lle poñas o marcador {{cómpre referencia}} xusto despois. Iso permítelles ás persoas que accedan a este contido dubidar do dato e buscar fontes que dean certeza.
  • os artigos da wikipedia non teñen versións "boas". Son versións que melloran as anteriores e que sempre poden ser completadas e melloradas. Se hai algo que está mal, hai que corrixilo; pero se está ben, aínda que incompleto, pois máis adiante, a persoa que cadre que pase por aquí xa o completará. Ben poderías ser ti, de feito, dado que sabes deste tema.
  • non está ben visto borrar contido a feixe pensando en que no futuro alguén o fará mellor. Ás veces ao mellor hai que facelo, sobre todo se o artigo é moi trapalleiro, ou está noutro idioma, ou cousas así: a solución óptima é melloralo, corrixilo, mudalo, pero sen borrar cachos enteiros.
  • unha cousa que nos tomamos moi en serio é o copyright. Se o texto publicado copia (e iso quere dicir de maneira literal ou case) fragmentos de textos, imaxes ou contidos en xeral que estean protexidos polo copyright, entón si deben ser borrados. Pero aí pouco importa se son verdadeiros ou falsos. Xa poden ser a maior verdade do mundo, que se se copia, hai que borrar.

Para todo o que necesites de axuda, estamos aquí. Déixanos recado, pregúntanos "como fago isto?", etc. Estamos (nós e todos os demais membros da wikipedia) encantados de botarche unha man. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de setembro de 2021 ás 08:40 (UTC)Responder

Ola de novo, Isabelolobesai. Como che indicou Xabier, canta máis colaboración, mellor. Pero, hai unha serie de procedementos a seguir para que todo teña un certo sentido. Por iso, che coloquei as ligazóns anteriores na benvida (hai que atender a determinados formatos) e che dixen que non se debe eliminar contido ao chou; por máis que se teña razón. Lamento se te sentiches mal pero non todos temos coñecementos en tódolos campos e, ás veces, sofremos vandalismos indiscrimados que enlentecen o traballo. De aí o aviso para que deixases constancia da túa discrepancia na páxina de conversa do artigo.

Dito isto, anímote a que enriquezas o máis posible este e outros artigos, coas referencias pertinentes. E se tes calquera dúbida, non tes máis que preguntar e axudaremos no que se poida. Un cordial saúdo.--MAGHOI (conversa) 13 de setembro de 2021 ás 09:19 (UTC)Responder