Concurso España

torneo futbolístico
(Redirección desde «Copa España (fútbol)»)

O Concurso España[1][2][3][4][5][6][7] foi un torneo futbolístico por eliminación directa organizado pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF). Foi creado como unha nova competición na que se permitía a participación de xogadores estranxeiros, os cales foran previamente excluídos do Campionato de España a causa de disputas xurdidas entre os clubs durante o torneo de 1911. Só se disputou unha edición en 1912 e o gañador foi o Deportivo da Coruña. O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.[5][6]

Concurso España
Fundación1912
Desaparición1913
RexiónEspaña España
EquiposVariable
Máis laureadoDeportivo da Coruña
(1 título)

En 1913, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, organizou un torneo análogo denominado Copa España,[8][9][10][11] do que non se chegaría a disputar a fase final.

Historia editar

Prohibición de estranxeiros tralo Campionato de España de 1911 editar

Durante o transcurso da Copa do Rei de 1911 estalou unha gran polémica no tocante á aliñación de xogadores estranxeiros. O Deportivo da Coruña e a Academia de Enxeñeiros retiráronse xa antes do comezo do torneo, pero o punto álxido chegou tralo encontro Fortuna de Vigo-Athletic Club que gañou o equipo vasco con tres ingleses na aliñación. A Real Sociedad denunciou a aliñación indebida de dous dos xogadores ingleses do Athletic, Sloop e Martin, alegando que non levaban residindo en España o tempo mínimo establecido para poderen participar segundo as normas federativas. A Federación Española de Clubs de Football (FECF) rexeitou a denuncia e a Real Sociedad retirouse do campionato en sinal de protesta. A disputa do torneo continuou convulsamente, co Athletic deixando de aliñar os dous devanditos xogadores pero negándose a repetir o partido fronte ao Fortuna, e con varios equipos como o FC Barcelona, a Gimnástica Española e a Academia de Cabalería retirándose do torneo por diversas razóns en medio do malestar xeral. O preito aínda continuaría nos despachos, coa Federación anulando o torneo para logo desfacer esta decisión e proclamar campión o Athletic. A partir deste evento o Athletic Club comezaría a súa política de fichar só xogadores vascos ou formados nos equipos vascos.[12][13]

Para a Copa do Rei de 1912 a FECF decidiu non permitir a aliñación de xogadores estranxeiros. Concretamente no seu punto 7º das bases do torneo estableceu que: “os xogadores que formen os equipos para este campionato e os seus suplentes deberán ser españois, considerando como tales a quen o son segundo a Constitución do Estado español”.[14][15] Esta decisión foi tomada na asemblea da FECF que tivo lugar en decembro de 1911.[16][17][18]

Durante a citada asemblea tamén foi acordada a creación dunha nova competición na que se permitirían xogadores estranxeiros, en compensación pola súa exclusión do Campionato de España.[19][20][21] En abril de 1912 corría o rumor de que a FECF planeaba celebrar este torneo na Coruña en verán.[22]

Concurso España da Federación Española de Clubs de Foot-ball (1912-13) editar

O Deportivo da Coruña e o Vigo F.C. foron os únicos equipos que disputaron unha final desta competición en 1912.

Na asemblea da FECF de maio de 1912, oficializouse a creación dun novo torneo no que si estaba autorizada a participación de xogadores estranxeiros, outorgando como premio un trofeo doado pola propia Federación.[23] Inicialmente este torneo íase disputar en Madrid, pero finalmente foi trasladado á Coruña.[24] A competición, que se proxectaba disputar anualmente, foi denominada Concurso España. O premio para o gañador sería un trofeo de prata que era chamado Copa España, no cal se atopaba gravada a denominación Concurso España, nome oficial da competición.[7] O devandito trofeo ficaría en propiedade do primeiro equipo que gañase o torneo dúas veces seguidas ou tres alternativas.[1][2][25][26][27]

A inscrición estaba aberta a calquera club español afiliado a RFECF,[2][26] pero finalmente non acudiron equipos de fóra de Galiza e soamente se inscribiron o Deportivo da Coruña, o Vigo e o Pontevedra Sporting,[28] este último retirandose antes da celebración do torneo,[28][29] deixando así a competición nun cara a cara entre o Deportivo e o Vigo. A final deu comezo o día 7 de setembro de 1912. Cando faltaban poucos minutos para o final, o encontro tivo que ser supendido, xa que anoitecera e non era posible continuar xogando pola falta de luz, polo que se acordou disputar o tempo restante o día seguinte. Naquela altura o resultado era de 4-3 a favor do Deportivo.[28][30][31] Entón, xogáronse os minutos restantes o día 8, finalizado o encontro sen modificacións no marcador, ficando así o Deportivo campión do torneo.[28][32][33] A continuación xogouse un partido amigable entre os mesmos equipos gañado polo Vigo por 3-2.[28][32][33]

El Eco de Galicia criticou a ausencia de equipos do resto do estado[29] e o xornal donostiarra Vida Sportiva falou de “fracaso” da federación.[28]

O 25 de marzo de 2023 a xunta directiva da Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo.[5][6]

Na asemblea da FECF de maio de 1912 (a mesma na que foi instaurado o torneo) produciuse un cisma federativo e varios clubs, entre eles a Real Sociedad e o F.C. Barcelona, decidiron abandonar a organización tras diversos desacordos,[34][35][36] fundando a finais de ese mesmo ano a súa propia federación en Donostia, a Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF).[35][36][37] A FECF chegou a publicar as bases para a disputa da segunda edición do Concurso España,[3][38] cuxas finais darían comezo o 6 de setembro de 1913,[38] pero non se chegaría a disputar porque nesa altura xa se estaría a levar a cabo o proceso polo cal as dúas citadas federacións se disolveron e formaron a nova Real Federación Española de Fútbol (RFEF).[35][36]

Copa España da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (1913) editar

A recentemente constituída RUECF axiña comezou a organizar os seus propios torneos en paralelo, primeiro coa disputa do seu propio Campionato de España en 1913,[35] e despois poñendo en marcha o seu torneo chamado Copa España aberto á participación de xogadores estranxeiros.[8][9][10][11] A Coruña foi escollida como sede das finais por ser un equipo coruñés o gañador do ano anterior.[8][9] O trofeo en disputa sería doado pola raíña Vitoria.[39]

Os clubs inscritos foron o FC Barcelona, o Català Sport Club, o Pontevedra Auténtico, o Real Club Coruña, o Sporting de Irún, o Club Deportivo Bilbao e a Real Sociedad.[40] Antes dos partidos finais, terían lugar partidos eliminatorios a nivel local. A eliminatoria galega gañouna o Pontevedra Auténtico[41] e a catalá o Barcelona,[42][39] que terían que xogar a fase final xunto coa Real Sociedad,[43][44] vencedora da súa zona,[45] na que estaban agrupados os equipos guipuscoanos e biscaíños.[40] Cando se aproximaba a data sinalada para a fase final —25, 26 e 27 de xullo—, a RUECF adiou a celebración desta para finais de agosto,[43][44][46] pero para entón a RUECF e a FECF xa estarían inmersas no proceso para a súa disolución e a formación da nova RFEF.[35][36]

Grupo catalán editar

Grupo galego editar

Grupo norte editar

Historial editar

Ano Campión Subcampión Final Estadio
Concurso España (organizado pola F.E.C.F)
1912 Deportivo da Coruña Vigo F.C. 4–3 Riazor
1913 Non se disputou
Copa España (organizada pola R.U.E.C.F)
1913 Non se xogou a fase final

Torneos homónimos editar

Cómpre non confundir este torneo con outros que se chaman ou son coñecidos con nomes semellantes:

  • O FC Espanya de Barcelona organizou en 1909 un torneo amigable que levou por nome Concurso España. O campión foi o FC Barcelona, sendo moi soado o partido entre os dous devanditos equipos, que foi suspendido no minuto 84 debido a incidentes e non foi retomado ata un ano e nove días despois.[47]
  • En 1928, a asemblea ordinaria da Real Federación Española de Fútbol acordou crear un torneo chamado Copa de España que sería xogado en paralelo ao Campionato de España, pero a idea foi desbotada e noutra asemblea extraordinaria celebrada o 22 de novembro dese mesmo ano acordouse crear a liga coas categorías de Primeira e Segunda división.[48]
  • Durante a Segunda República os xornais da época chamaban Copa de España ao Campionato de España.[49] Este termo segue sendo utilizado para se referir con carácter xeral ao Campionato de España, xa que o título da competición ten mudado ao longo dos anos en función do Xefe de Estado español, que é quen outorga o trofeo.[50]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Deportes y turismo. Foot-ball. La Junta directiva de la Federación Española de Clubs de Foot-ball ha tenido la atención de remitirnos las bases por las que se ha de regir el “Concurso España”..." (PDF). La Vanguardia nº 14.251. 7 de agosto de 1912. p. 3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Foot-Ball. Concurso España" (PDF). Mundo Deportivo nº 344. 15 de agosto de 1912. p. 3. 
  3. 3,0 3,1 "Fútbol. Real Federación española de Clubs de foot-ball. —Concurso España.— Segundo año". Heraldo de Madrid nº 8.268. 21 de xullo de 1913. p. 4. 
    • "Página futbolística". El Noroeste nº extraordinario. 1 de xaneiro de 1920. p. 25. Los trofeos alcanzados hasta la fecha son los siguientes: [...] Copa “Concurso España” 
    • "Historia del Real Club Deportivo (1904-1923). Trofeos propiedad del Real Club Deportivo". El Ideal Gallego nº 1.864. 19 de agosto de 1923. p. 13. Copa ‘Concurso España’ de la Federación Española de Clubs de Foot-ball 
    • "Así empezó el fútbol en La Coruña". Suplemento deportivo de La Noche nº 14.081. 26 de decembro de 1966. p. 3. [...] venció al Real Vigo en la final del Concurso España, organizado por la Federación Nacional. 
    • Pedro de Llano López (Bocelo); Eladio Muíños Díaz (1988). 82 años de historia: Real Club Deportivo de La Coruña. p. 61. ISBN 84-404-1433-1. En cuanto a actividades deportivas, el Deportivo ganó por fin el Concurso España, organizado por la Federación Española para clubes gallegos, y en el que a última hora compitió tan sólo el Vigo Sporting 
  4. 5,0 5,1 5,2 "La RFEF reconoce al Levante como campeón de la Copa de la República de 1937 y al Deportivo del Concurso de España 1912 | www.rfef.es". Web oficial da Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). Consultado o 2023-03-25. 
  5. 6,0 6,1 6,2 "Luis Rubiales entregará este viernes la Copa de la República de 1937 al Levante | www.rfef.es". Web oficial da Real Federación Española de Fútbol. (en castelán). Consultado o 2023-03-31. Del mismo modo, la junta directiva de la RFEF, en la misma cita del pasado sábado, también reconoció la oficialidad de la competición Concurso España y le concedió al Real Club Deportivo de La Coruña el título de campeón del año de 1912. 
  6. 7,0 7,1 "Imaxe do trofeo a alta resolución". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2023. Consultado o 11 de abril de 2023. 
  7. 8,0 8,1 8,2 "La Unión Española de Clubs de Foot-ball" (PDF). Mundo Deportivo nº 363. 26 de decembro de 1912. p. 2. 
  8. 9,0 9,1 9,2 "La Unión Española de Clubs de Foot-ball. Reglamento" (PDF). Mundo Deportivo nº 364. 2 de xaneiro de 1913. p. 3. 
  9. 10,0 10,1 "Vida deportiva. Copa España". Euzkadi nº 67. 10 de abril de 1913. p. 4. 
  10. 11,0 11,1 "De Sport. Dos importantes decisiones". Progreso: diario independiente nº 966. 29 de marzo de 1913. p. 1. 
  11. "Athletic de Bilbao, cien años sin extranjeros". La Vanguardia. 18 de decembro de 2012. 
  12. Copa del Rey Alfonso XIII 1911 linguasport.com
  13. "Campeonato de España de Foot-ball Association. Bases especiales para 1912". Heraldo de Madrid nº 7.731. 29 de xaneiro de 1912. p. 4. 
  14. "Bases para el Campeonato de España de Football Association - Año 1912" (PDF). Vida Sportiva nº 2. 1 de febreiro de 1912. p. 5. 
  15. "Federación Española de Clubs de foot-ball. Acta de la sesión del 3 de Diciembre, a las tres y media de la tarde, en el local de la anterior. (Continuación)". Heraldo de Madrid nº 7.704. 2 de xaneiro de 1912. p. 4. 
  16. "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Segunda sesión" (PDF). Mundo Deportivo nº 310. 28 de decembro de 1911. p. 4. 
  17. "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Segunda sesión (Continuación)" (PDF). Mundo Deportivo nº 311. 4 de xaneiro de 1912. p. 3. 
  18. "Federación Española de Clubs de foot-ball. (Contiunación). Acta de la sesión del 3 de Diciembre, a las diez de la noche, en el domicilio de la S.G.E.". Heraldo de Madrid nº 7.710. 8 de xaneiro de 1912. p. 5. 
  19. "La junta general de la F.E.C.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 307. 7 de decembro de 1911. p. 2. 
  20. "Asamblea de la F.E.C.F. Las actas oficiales. Tercera sesión" (PDF). Mundo Deportivo nº 311. 4 de xaneiro de 1912. p. 4. 
  21. "BLOCK-NOTAS". La Publicidad nº 11.870. 16 de abril de 1912. p. 3. 
  22. "Última hora. La asamblea de la Federación Española de C.F." (PDF). Mundo Deportivo nº 330. 16 de maio de 1912. p. 5. 
  23. "Federación Española de Clubs de Foot-ball. La asamblea general" (PDF). Mundo Deportivo nº 331. 23 de maio de 1912. p. 2. 
  24. "Foot-Ball. Concurso España" (PDF). Mundo Deportivo nº 344. 15 de agosto de 1912. p. 4. 
  25. 26,0 26,1 "Foot-Ball. La Copa España". La Publicidad nº 11.989. 14 de agosto de 1912. p. 2. 
  26. "Foot-Ball. La Copa España". La Publicidad nº 11.990. 15 de agosto de 1912. p. 2. 
  27. 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 "Copa "ESPAÑA" de la Federación Española de Clubs de football" (PDF). Vida Sportiva nº 17. Donostia. 15 de setembro de 1912. p. 5. 
  28. 29,0 29,1 "Notas de Sport". El Eco de Galicia nº 1.857. 5 de setembro de 1912. p. 1. 
  29. "Notas de Sport. Partidos de foot-ball. La "Copa España"". El Noroeste nº 6.221. 8 de setembro de 1912. p. 1. 
  30. "Notas de Sport. La copa "España"". El Eco de Galicia nº 1.860. 8 de setembro de 1912. p. 1. 
  31. 32,0 32,1 "Notas de Sport. Partido de "foot-ball". Vigo-Deportivo". El Noroeste nº 6.222. 9 de setembro de 1912. p. 1. 
  32. 33,0 33,1 "Notas de Sport. Partido de foot-ball". El Eco de Galicia nº 1.861. 10 de setembro de 1912. p. 1. 
  33. "La asamblea de la federación. Retirada de varios clubs". ABC nº 2.530. 17 de maio de 1912. p. 19. 
  34. 35,0 35,1 35,2 35,3 35,4 Vicent Masià (Xuño de 2011). "La Federación Española de Fútbol (I)". La Futbolteca. 
  35. 36,0 36,1 36,2 36,3 Félix Martialay. Real Federación Española de Fútbol, ed. ¡Amberes! Allí nació la furia española. pp. 75–84. ISBN 9788492109777. 
  36. Vicente Martínez Calatrava (1 de Abril de 2010). "Una final de Copa de ida y vuelta". Cuadernos de Fútbol nº 9. ISSN 1989-6379. 
  37. 38,0 38,1 "Futbolerías. (Continuación)". Heraldo de Madrid nº 8.275. 28 de xullo de 1913. p. 5. 
  38. 39,0 39,1 "Foot-ball. Copa España" (PDF). Mundo Deportivo nº 388. 19 de xuño de 1913. p. 6. 
  39. 40,0 40,1 "Real Unión Española de Clubs de Foot-ball" (PDF). Vida Sportiva nº 32. Donostia. 1 de maio de 1913. p. 3. 
  40. "Foot-ball. Cuestión resuelta". El Noroeste nº 6.525. 12 de xullo de 1913. p. 1. 
  41. "COPA ESPAÑA" (PDF). Mundo Deportivo nº 386. 5 de xuño de 1913. p. 5. 
  42. 43,0 43,1 "Notas de Sport". El Eco de Galicia nº 2.140. 22 de xullo de 1913. p. 1. 
  43. 44,0 44,1 "Notas de Sport". El Noroeste nº 6.535. 22 de xullo de 1913. p. 1. 
  44. "En San Sebastián" (PDF). Vida Sportiva nº 37. Donostia. 25 de agosto de 1913. p. 17. 
  45. "Crónica regional. Coruña". El Correo de Galicia nº 3.706. 23 de xullo de 1913. p. 1. 
  46. Eugen Scheinherr, Fernando Arrechea (1 de febreiro de 2019). "El partido de fútbol que duró un año y nueve días: FC Barcelona-España FC.". Cuadernos de Fútbol nº 106. ISSN 1989-6379. 
  47. Federación Española de Fútbol (1936). "Las competiciones oficiales". Federación Española de Fútbol. Anuario 1936. p. 119. 
  48. LOS NOMBRES DEL TORNEO DEL KO[Ligazón morta] rfef.es Copia arquivada en Wayback Machine
  49. Final inédita, vidas centenarias Diario As. 5 de marzo de 2020.