Pedro de Llano López
xornalista galego
Pedro de Llano López, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1998[1], foi un xornalista e escritor galego.
Pedro de Llano López | |
---|---|
Nacemento | 1919 |
A Coruña | |
Falecemento | 24 de setembro de 1998 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Fillos | Pedro de Llano Cabado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Ramón de Llano Martín. Foi xogador do Deportivo da Coruña. Entrou a traballar como taquígrafo en La Voz de Galicia en 1937, e foi nomeado director do xornal en 1951, permanecendo no posto até 1968. Despois foi director de El Ideal Gallego (1968-1972) e El Progreso de Lugo (1972-1980). Utilizou o pseudónimo Bocelo.
Vida persoalEditar
Casou con Maruja Cabado Núñez e foi pai de Pedro de Llano Cabado.
ObrasEditar
- El periodismo por dentro, 1974.
- 82 años de Historia: Real Club Deportivo de la Coruña, 1980 (con Eladio Muiños Díaz).
- Wenceslao Fernández Florez. El escritor y su obra, 1985.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Bocelo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externasEditar
- García González, Aurora. Historia de la empresa de La Voz de Galicia.