Pedro de Llano Cabado
arquitecto galego
Pedro de Llano Cabado, nado na Coruña en 1947, é un arquitecto galego.
Pedro de Llano Cabado | |
---|---|
Nacemento | 1947 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | arquitecto |
Pai | Pedro de Llano López |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É fillo do xornalista Pedro de Llano López. Licenciado en arquitectura pola Universidade de Madrid (1976). Realizou a súa tese doutoral Tipoloxías espaciais e construtivas na arquitectura popular galega na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi catedrático de Análise Arquitectónica da ETSA. Foi responsable de artes plásticas do Consello da Cultura Galega.
ObrasEditar
- Ons, a arquitectura dunha comunidade desaparecida, 1981.
- Arquitectura popular en Galicia, 1983.
- Alejandro de la Sota. O nacemento dunha arquitectura, 1994.
- Arquitectura popular en Galicia. Razón e construcción, 1996
- Compañeros de oficio, 2013.
RecoñecementosEditar
- Premio da Crítica de Galicia en 1982 e 1988.
- Premio COAG de Arquitectura en 1996.
Vida persoalEditar
Casou coa filóloga Margarita Neira López. O seus fillos son o comisario e investigador da arte Pedro de Llano Neira e o xornalista Pablo de Llano Neira.