Dámosche a benvida á Galipedia, IagoRC24!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 18 de abril de 2023 ás 21:24 (UTC)Responder

Imaxes da Pastoriza editar

Ola, Iago!

Que marabilla ver as túas fotos. Mil grazas por colaborar! Estiven axeitándolle as categorías ás que fuches subindo; en Commons os nomes das categorías están en inglés, e aínda que ao principio pode ser algo caótico, e sinxelo pillarlle o truco. Ademais, engadín a imaxe do castro de Saa no artigo Castros da provincia de Lugo.

Unha cousa que che quería suxerir é inserirlles as coordenadas as fotos. Podes facelo ao cargalas, ou ben a posteriori inserindo o código {{location|42,111111|-8,111111}} (coas coordenadas correspondentes para cada lugar, claro). Isto é bastante útil para xeolocalizar algúns elementos.
En relación con isto, está a ferramenta WikiShootMe, que che permite navegar por un mapa vendo os elementos existentes nas diversas Wikipedias (en realidade, existentes en Wikidata) e ver se teñen ou non foto.

Agardo non saturarte con moita información. Se tes calquera dúbida podes deixarme unha mensaxe. Un saúdo! ---Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2023 ás 19:25 (UTC)Responder

De nada, un pracer colaborar. Un saúdo!!! IagoRC24 (conversa) 19 de abril de 2023 ás 20:19 (UTC)Responder

Imaxes das parroquias da Pastoriza editar

Boas! En primeiro lugar, parabéns polo teu traballo. Grazas a ti xa temos imaxe de todas as parroquias da Pastoriza. Se te animas a seguir participando neste proxecto, recoméndoche botarlle unha ollada á seguinte páxina: Wikiproxecto fotos de parroquias. Hai concellos veciños como o de Riotorto ou Cospeito que aínda teñen parroquias por ilustrar. Moitas grazas e unha aperta. Chairego apc (conversa) 21 de abril de 2023 ás 15:27 (UTC)Responder

Boa tarde, xa me decatei onte, mentres argallaba por aquí vin este proxecto que me pasas no enlace. Encantado de seguir colaborando, xa vou vendo entón. Un saúdo. IagoRC24 (conversa) 21 de abril de 2023 ás 15:59 (UTC)Responder