Frannog
Ola, Frannog, benvido á wikipedia. Borrei os últimos artigos que creaches porque son demasiado breves. Un artigo sobre un LP debería incluír cando menos a duración dos temas, onde foi gravado, cando se publicou, cando se presentou, as características fundamentais, etc. Tamén debería obviamente dicir cal é o grupo, se se fixo coa composición estándar do grupo, se había artistas convidados, etc. Se os artigos son unicamente unha lista de cancións sen referenciar, deberán ser borrados. Espero que o entendas. Se tes calquera dúbida, podes contar comigo ou con calquera outro usuaio da wikipedia. Un saudiño. Ah, déixoche tamén unha caixa con informacións que che poden ser de axuda. --Xabier Cid Conversa 01:25, 10 decembro 2008 (UTC)
Benvido(a) á Galipedia, Frannog!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Conversa 01:25, 10 decembro 2008 (UTC)
A traballar pola cultura galega
editar- Dálle duro.
--Krisko 13:18, 11 decembro 2008 (UTC)