Benvido(a) á Galipedia, FCPB!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, FCPB. Benvido á Galipedia. Fixeches unha modificación no artigo O Bierzo que revertín. Para modificar os artigos, particularmente cando se trata de cuestións polémicas, débense achegar sempre as referencias que respalden esas afirmacións. Calquera dúbida que teñas podes consultala comigo ou cos demais usuarios da Galipedia. Saudiño. --Xabier Cid 01:27, 18 maio 2008 (UTC)

Ola de novo, FCPB. Como vexo que es un editor experimentado en es.wp, quizais algunhas destas cousas que che vou dicir son redundantes. Pero creo necesario dicilas.

  1. Débense referenciar as informacións que se publican na Galipedia, e máis aínda se estas son polémicas. Por iso, aínda mantendo a denominación de provincia do Bierzo e non provincia de Vilafranca, crin imprescindíbel situar un marcador de dúbida e de solicitude de referencias. Agardo que as engadas.
  2. Vexo que a edición deste e doutros artigos nas que participaches na es.wp foron polémicas. Iso pode deberse a moitas razóns. Pero o que menos desexaría é que se reproducisen na Galipedia situacións de conflito que responden a cuestións particulares alleas ao proxecto. Nese caso, serei todo o drástico que cumpra, e estou seguro de que os demais administradores tamén o serán.
  3. Pódense traducir artigos doutras wikipedias, sempre que se consigne iso no resumo da tradución. Pero, obviamente, haberá que traducir aqueles artigos que sexan interesantes e que, ao mesmo tempo, non importen problemas doutras wikipedias. Por exemplo, non creo que se deban traducir artigos que están marcados como pendentes de resolución de disputas.
  4. Se ben o teu interese pode ser filantrópico, lémbroche que non se pode empregar a wikipedia como arma de difusión de ideas ou intereses propios. Que pertenzas a unha asociación que promove determinados puntos de vista sobre o Bierzo non axuda a que as túas actuacións sobre esta cuestión sexan contempladas con neutralidade.
  5. Do mesmo xeito, se queres impulsar a wikipedia en galego e sentes unha especial amizade cara este proxecto, eu mesmo (e estou seguro de que outros moitos usuarios) che van botar unha man coa ortografía do galego. Faltaría máis! :) Só tes que avisar. Pero se o teu interese é darlle maior difusión a artigos que creaches noutros proxectos wiki, teño que dicirche que ese non é o camiño máis axeitado.

Unha aperta, e confía en min para todas as dúbidas que teñas. --Xabier Cid 02:32, 18 maio 2008 (UTC)

Desculpa, a miña frase non foi suficientemente clara: non quixen dicir que as túas edicións concretas fosen polémicas, senón que as edicións dos artigos en que ti participaches o foron. Non quixen dicir que tiveses ti a culpa dese feito, senón constatar que se produciron conflitos que non é desexábel importar. Desculpa de novo. Sinto se non me expresei abondo ben. Un saúdo. --Xabier Cid 18:51, 18 maio 2008 (UTC)

Decreto editar

A provincia do Bierzo si se creou, niso non hai dúbida pero a cuestión é que o decreto do 27 de xaneiro crea as provincias de xeito provisorio, non hai máis que ler o artigo 1: As Cortes decretan, con carácter de provisional, a división do seu territorio nas provincias.... A división en provincias de 1822 polo tanto tivo carácter provisiorio (e en definitiva iso implica que non entrou totalmente en vigor). Creáronse algunhas institucións provinciais como o intendente provincial pero a división non pasou a definitiva porque o decreto (ou a norma) que tiña que facelo nunca se aprobou pola chegada dos das tropas francesas o 7 de abril de 1823 e o remate do Trienio Liberal. --Arco de Rayne 16:28, 19 maio 2008 (UTC)

    • Non sei se eu me explico mal, eu non falei en ningures de goberno provisorio, é no propio decreto do 27 de xaneiro de 1823 onde se di que é unha división provisional porque a constitución vixente en 1822, que como sabes é a de 1812, no seu artigo 11 establecía que a división do territorio debíase facer por lei constitucional, pero o que se publicou en 1822 foi un decreto polo que non é o que estipulaba a propia constitución vixente e polo tanto só se podía facer por decreto se estse tiña carácter provisorio que é o que di o propio decreto "División provisional del territorio español", a división definita do territorio español só se podía facer por lei constitucional, e esta nunca se fixo. En definitiva a provincia do Bierzo creouse con carácter provisorio como todas as que se crearon polo decreto de 1822 porque así o indica o propio decreto, é inútil darlle máis voltas e a non ser que se achegue algunha referencia válida que a contradiga así debe figurar nos artigos da Galipedia. Independentemente diso a provincia do Bierzo si foi unha realidade desde a publicación do decreto ata a fin do Trienio Liberal, que tivera carácter provisorio non quita para que efectivamente a organización provincial tivera artellamento práctico e político, son dous planos diferentes.--Arco de Rayne 18:58, 19 maio 2008 (UTC)
  • Non sei se entendín ben o que escribiches na miña páxina pero o decreto de seu non era provisorio, foi aprobado polas Cortes como correspondía a un decreto na época. O que era provisorio era a división territorial que se establecía por ese decreto. Non sabemos se a intención era que perdurase no tempo, seguramente si pero non podemos xogar á historia ficción. Estou de acordo en que debemos ser exactos por iso calquera modificiación no que atinxe á súa provisionalidade require que estea refrendada por referencias externas.--Arco de Rayne 14:32, 20 maio 2008 (UTC)
  • Nós como editores non podemos aclarar o que significa esa provisionalidade nese contexto e nese momento, para iso precisamos referencias externas. Podemos constatar que foi provisional por figurar así no decreto de creación pero explicar as causas de por que non se estableceu desde o primeiro como división definitiva por exemplo só o podemos facer por medio de referencias --Arco de Rayne 22:11, 20 maio 2008 (UTC)