Benvido(a) á Galipedia, Etatus!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 11:27, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Avresno editar

Ola, Etatus. Benvido!! Acabas de facer os teus dous primeiros artigos da Galipedia, e iso está moi ben. Vou facer unha serie de correccións neles, mellorándolles o estilo con truquiños que xa irás aprendendo co tempo. Ademais, vou mudar algúns aspectos do contido do artigo sobre Teatro Avresno. Sabes que na Galipedia non se debe falar dun mesmo, e hai algunhas cousas no texto que parecen indicar que ti foses membro desa compañía. Debemos facer artigos o máis neutrais que se poida, ofrecer información obxectiva e referenciada e ser escrupulosos con esa regra da autopromoción. Non te preocupes: aquí estamos todos para aprender. Un saudiño, e conta comigo pró que faga falla. --Xabier Cid 12:47, 16 xaneiro 2008 (UTC)