Benvido(a) á Galipedia, Efremigio!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Pedrafita, GuitirizEditar

Benvido á Galipedia Efremigio. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Aproveito a ocasión para dicirche que os criterios que seguimos para os nomes dos concellos, parroquias e lugares de Galicia veñen determinados polo Nomenclátor da Xunta, por ese motivo desfixen o cambio que fixeches. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:37, 11 marzo 2007 (UTC)

Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.PNGEditar

Borrei este arquivo (Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.png) por ser un duplicado exacto de Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.PNG e estar sen uso. Se non fose un duplicado exacto, faimo saber e miro de recuperalo.

Por outra banda, a Imaxe:Situacion Pedrafita, Guitiriz.PNG fáltalle a orixe. A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:48, 31 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe:Pedrafita, campanario igrexa parroquial.jpgEditar

Ola de novo. Grazas por subires fotos tan interesantes e das que carecemos. O problema é que a esta imaxe tamén parece faltarlle a orixe -como a anterior- e podería ser borrada.

Paso a explicarche os datos que fan falla e como incorporalos

¿Que debes indicar?

De onde procede a imaxe

  • Se a imaxe é dunha páxina Web, é obrigado colocar un enlace (ligazón) ao lugar exacto do que se recolle a imaxe. Sexa cal for a orixe dunha imaxe, en devandita orixe ten que poñer que se permiten as obras derivadas e o uso comercial. Se no sitio web non aparecen expresos estes conceptos a imaxe poderá ser borrada por violación dos dereitos de autor.
  • se a imaxe é da túa propia autoría, indícao claramente (escribe elaboración propia, eu son o autor...). Se o obxecto que fotografías ten os dereitos de autor restrinxidos (portada dun CD, de libros, programas de tele, pósters,...), a túa foto tamén ten eses dereitos restrinxidos (Tes máis información en Commons:Obras derivadas) e non se pode subir á Galipedia.
  • se a copiaches doutra Wikipedia, coloca un enlace exacto á páxina da imaxe orixinal. Non abonda con dicir que a imaxe se tomou doutra Wikipedia; é necesario indicar o lugar exacto. Ten en conta tamén que algunhas outras Wikipedias, como a inglesa, admiten imaxes baixo a cláusula de fair use que aquí non son aceptables por cuestións legais.
  • Se é realizada por outra persoa, na Galipedia non temos un sistema creado para a cesión de permisos e debería ser borrada a imaxe en espera de que esa persoa a suba. Claro que tamén podería ser subida a Commons seguindo os pasos expostos en OTRS

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede ás túas fotos.
  • Unha vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Recorda que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses ({{PD}},...)
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:23, 31 xaneiro 2008 (UTC)