Desatonao
Benvido(a) á Galipedia, Desatonao!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo., --Elisardojm (conversa) 09:55, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
Sobre a afluenza
editarFixen algúns cambios no artigo afluenza que che comento para as túas próximas edicions. Se traduces o artigo doutra wiki debe indicarse na caixa do resumo de edición, a caixa estreita que está debaixo da caixa grande de edición, dicindo algo como que "o contido que se achega está traducido de tal artigo de tal wiki". Tamén é importante que a redacción teña un mínimo de calidade, erros ortográficos témolos todos, eu o primeiro, pero nese artigo hai moitos erros son problemas dunha tradución demasiado rápida. É mellor adicarlle un pouco máis de tempo e deixar o artigo cunha mellor redacción. Se o que queres é traballar en diferentes momentos no artigo, o máis recomendable é poñer o marcador {{enuso}} para que a xente saiba que estás traballando nel e que pode conter erros ata que non remates.
Sobre o que preguntaches na taberna non che podo axudar porque non controlo dese tema pero espero que alguén poda responder en breve. Se precisas calquera axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa pulsando na ligazón da miña firma. Saúdos e boas edicións, --Elisardojm (conversa) 09:55, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Ben, pouco a pouco hai que irlle collendo o xeito. Por certo, por se non te decataches, xa tes resposta á túa pregunta na taberna, vótalle un ollo alí. Saúdos e a mandar, --Elisardojm (conversa) 13:36, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)