Conversa usuario:Csantos
Benvido(a) á Galipedia, Csantos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid 22:42, 21 xaneiro 2008 (UTC)
Ola, Csantos... Vexo que entraches con forza na Galipedia. Moi ben! Debes saber que a Galipedia se constrúe sobre informacións neutrais, e que non é un espazo para realizar promocións. Podes contar comigo para o que queiras. Un saudiño. --Xabier Cid 22:48, 21 xaneiro 2008 (UTC)
Ola de novo, Csantos. Que tal? Na Galipedia non debe haber informacións promocionais ou non referenciadas. Concordo contigo en que o artigo das Galescolas está incompleto e cheo de imprecisións, pero non se pode ampliar con datos que non sexan neutrais. Tampouco está ben que poñamos ligazóns polo medio do artigo. Todo o que queiras consultarme, conta comigo e con outros editores da Galipedia. Un saudiño. --Xabier Cid 23:45, 21 xaneiro 2008 (UTC)
Galescolas Editar
Ola Csantos. Fíxenche uns comentarios na páxina de conversa do artigo Galescolas. Creo que é mellor que sigamos o debate aló, para que quede constancia para os que no futuro editen ese artigo, vale? Un saudiño. Ah, e non esquezas asinar as túas intervencións! :) --Xabier Cid 10:58, 22 xaneiro 2008 (UTC)