Dámosche a benvida á Galipedia, Carradines!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 26 de abril de 2021 ás 12:09 (UTC)Responder

Francisco Franco editar

Ola Carradines. No artigo Francisco Franco estás a facer edicións pouco construtivas. En varias ocasións se reverteron as túas edicións, sempre sobre a mesma cuestión. En todo caso, o meu comentario é para che indicar que dado que ese é un tema complexo, o procedemento non é entrar nunha guerra de edicións. Deberías facer o comentario na páxina de conversa do artigo ou, tamén, na Taberna para que a comunidade se pronuncie sobre a cuestión. Así é como aquí adoitamos facer. Polo tanto, grazas por colaborares coa Galipedia pero, por favor, non fagas máis edicións nese sentido. Para calquera outra cousa, non dubides en contactares connosco. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 26 de abril de 2021 ás 13:55 (UTC)Responder

Alguén me pode explicar por qué Cela o Rosalía de Castro son "galegos" nos seus artigos pero Franco é "español"? Cal é o criterio? https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Camilo_Jos%C3%A9_Cela Un saúdo. Carradines (conversa) 26 de abril de 2021 ás 16:19 (UTC)Responder