Axudas ortográficasEditar

Ola Cangrejo Ruso. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2020 ás 21:53 (UTC)

XermadeEditar

Boas, grazas polas túas achegas na entrada de Xermade. Lamentablemente na túa achega inclúes copia textual de parte do sitio web do concello, que ten reservados os dereitos de propiedade intelectual, e polo que vin só o citas para o apartado Escudo. Lémbroche que na Wikipedia só podemos facer achegas de fontes fiables para asegurar a verificabilidade e seguindo o procedemento de cita , que podes consultar como facer aquí Toda copia de material suxeito a dereitos de propiedade intelectual non está permitida polas nosas políticas e debe ser eliminado. Por esta razón solicítoche que revises e modifiques, en breve espazo de tempo, de xeito que se axusten ás políticas da Galipedia e o libro de estilo os seguintes apartados:

  • Historia do Concello Idade Antiga
  • Idade Media
  • Patrimonio Civil Muíño
  • Cárcere de Roupar
  • Escola Habanera de Roupar
  • Os apartados que seguen a Río Eume
  • Achegues a referencias pertinentes para os apartados Xermade na cultura popular;Comunicacións.

E calquera outro que proceda duha copia textual da páxina web citada. Do contrario as túas achegas terán que ser revertidas. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 24 de agosto de 2020 ás 19:52 (UTC)