Ola Axudamos. Benvido á Galipedia.

Unha cousiña. Na redacción dos artigos tenta evitar expresións coma "actualmente" ou "na actualidade". Cando é actualmente?

Mellor emprega "no ano 2012 ocorría tal cousa...", por exemplo. Redactando sempre en pasado, inda que esteamos no 2012.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 08:06, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Permíteme insistir. --. HombreDHojalata.conversa 11:03, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Ola, por favor, non volvas substituír todo o contido dun artigo por unha redirección. Pérdese o historial.

Hai que facelo coa opción mover. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 17:29, 19 de marzo de 2012 (UTC)

Referencias

editar

Ola de novo, Axudamos.

Por favor, tenta achegar referencias coa información que achegas. Bótalle un ollo a Wikipedia:Verificabilidade.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 15:20, 18 de abril de 2012 (UTC)

Marcadores de bandeira

editar

Ola Axudamos, vin que no artigo FORTA tentaches meter un modelo para incluír bandeiras, pois ben, o que utilizamos na Galipedia son os Marcadores de bandeira. Para ver unha listaxe de todos os que hai, preme aquí. Saúdos. --JaviP96 5 de maio de 2013 ás 17:16 (UTC)Responder

Punto de vista neutral

editar

  Por favor, non engadas comentarios ou valoracións persoais aos artigos da Wikipedia, como fixeches en "Televisión de Galicia". Se o fas, estás a incumprir a política de obxectividade da Wikipedia, rompendo o ton formal que se agarda dunha enciclopedia. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 2 de agosto de 2013 ás 11:50 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa

editar

Ola Axudamos. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 30 de xaneiro de 2014 ás 05:44 (UTC)Responder

Vitrasa

editar

Puxen en dúbida na conversa deste artigo tiña sentido nunha enciclopedia e outros tres editores máis concordaron coa falta de contido enciclopédico, fronte a un que opinaba o contrario. Por tal motivo procedín ó borrado. O feito de que comunique Vigo co aeroporto é irrelevante respecto ó interese na Galipedia, e que aparezan páxinas semellantes noutras wikipedias -se ti o dis será verdade- tampouco é criterio para a nosa. Cada wikipedia segue os seus propios criterios. Por certo, lembra asinar os teus comentarios tal como che dixo HombreDHojalata. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 22:10 (UTC)Responder

Boing

editar

Boas, o artigo Boing, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 18 de novembro de 2021 ás 16:52 (UTC)Responder