Benvido(a) á Galipedia, Aveleiro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:57, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Deixeiche resposta en Conversa:TDAH. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:58, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Ten en conta que en galego se chama Xene. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:05, 14 de agosto de 2010 (UTC)

Sinatura editar

Ola, Aveleiro. Recoméndoche que deixes a túa sinatura despois da túa mensaxe, e non antes, do mesmo xeito que farías nunha carta ou similar. Outramente podes provocar bastante confusión en quen o lea. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:59, 23 de agosto de 2010 (UTC)

RE: Traslado editar

Movín o artigo "Función executiva" ao plural "Funcións executivas". Desculpa o meu erro. Grazas por avisar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:50, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Debussy editar

Boas Aveleiro, grazas polas túas achegas ó artigo de Debussy, pouco a pouco e coa axuda de todos vanse mellorando os artigos :) Pero póñome en contacto contigo porque tiven que desfacer algunhas das túas modificacións, as que engadiron "ao", "aos", etc, porque segundo o Wikipedia:Libro_de_estilo#Variantes_galegas hai que manter a escolla do primeiro editor cando os termos usados sexan correctos. Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2018 ás 01:02 (UTC)Responder