Benvido(a) á Galipedia, Astrojan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Maria zaos (conversa) 7 de agosto de 2019 ás 07:42 (UTC)Responder

Internet Archive bot e ligazóns externas arquivadas editar

Ola, que tal? Veño de reverter as túas edicións en Perseus, Cygnus, Cassiopea e Auriga. As razóns son as seguintes: as ligazóns que aparecían ligaban a unha url xa arquivada polo Internet Archive bot, que garantiza o seu acceso perdurable no tempo. As persoas que accedan ao sitio arquivado tamén poden, dende esa mesma páxina chegar a saber a páxina orixinal que foi obxecto de arquivo.

A maiores, ao acceder ás ligazóns que achegaches, salta un aviso de seguridade. Por todo isto recoméndoche que lle botes un ollo á política de ligazóns externas na Wikipedia e a como tratar as ligazóns mortas. Un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 7 de agosto de 2019 ás 07:59 (UTC)Responder