Benvido(a) á Galipedia, Ares.Alonso.D1!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola! O teu intento de edición en As Roladas foi incorrectamente detectado coma vandalismo. Recuperei o texto que engadiches no propio artigo. Revisa as ligazóns na mensaxe de benvida para máis información sobre cómo seguir editándoo. Grazas, un saúdo. Banjo tell me 23 de abril de 2015 ás 15:11 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Ares.Alonso.D1. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!

RE:Adxuntar exemplares das revistas escaneados editar

Ola.

No lado técnico: Poderías converter os ficheiros a formato PDF e cargalos coa ferramenta "subir un ficheiro".

No lado legal: Se as revistas están liberadas ao dominio público sí poderían cargarse, pero moi posiblemente non o estean. Ámbolos dous documentos terían que explicitar isto a modo de aviso legal de algún tipo nalgunha das súas páxinas. No caso máis probable de que non seña así, a primeira non cumple coa Lei de Propiedade Intelectual, que indica que os dereitos seguen sendo do autor ata pasados 80 anos da morte do mesmo (non da publicación do documento), e a segunda aínda menos por ser máis recente, e de ser así non se poden cargar na Wikipedia ou en commons. Tes máis información sobre isto en Wikipedia:Dereitos de autor.

Revisa qué licenza indican as revistas, se non indican ningunha ou indican dereitos de copia reservados non hai moito que facer. Banjo tell me 23 de abril de 2015 ás 22:53 (UTC)Responder