Dámosche a benvida á Galipedia, Aranbpe!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 4 de novembro de 2021 ás 17:31 (UTC)Responder

Disashop editar

Boas Aranbpe, desfixen as túas últimas edicións no artigo Disashop polo seu redactado promocional. Recomédoche ler esta política Wikipedia:Conflito de intereses antes de seguir editando ou modificando o artigo, especialmente a parte onde se inclúe: " A adición de contidos que semelle promocionar os intereses ou a visibilidade do autor dun artigo, membros da familia do autor ou calquera empregado ou socio que teña, así como o seu negocio ou intereses persoais, sitúa o editor nun conflito de intereses". Por outra banda, as afirmacións que inclúes, especialmente as que fan referencia a cifras, servizos e demais, deben estar referenciadas. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2021 ás 15:33 (UTC)Responder

Boas Breogan, e que os datos que están postos agora no son reais, son antigos... Aranbpe (conversa) 9 de novembro de 2021 ás 15:48 (UTC)Responder
Boas de novo, para poder actualizar estes datos, precisamos as fontes fiables nas cales aparecen. É dicir, onde pode comprobar o lector que o beneficio da empresa no 2020 é o que se amosa? Deben ser verificables. Por certo, tes algunha clase de relación coa empresa? De ser o caso as túas edicións entrarían no que chamamos conflito de intereses, e o mellor sería que non editases este artigo en concreto. Por suposto, estás máis que convidado a editar noutros artigos da Galipedia. Saúdos. Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2021 ás 15:59 (UTC)Responder