Benvido(a) á Galipedia, André Teixeira Lima!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Calrosfking (FÁLAME) 13:59, 21 novembro 2007 (UTC)

¡Ola! Pois a verdade é que non sei falalo, pero gran parte das cousas sí que as entendo. --Anawiki (fálame) 16:37, 15 xaneiro 2009 (UTC)

Resposta editar

A verdade é que non sei falalo pero coido que na lingua escrita entenderei as mensaxes que me queiras enviar.--Maria otero bouzón 16:45, 15 xaneiro 2009 (UTC)

hola! non sei falalo pero si que o entendo, un saúdo.--83.32.85.227 21:33, 16 xaneiro 2009 (UTC)

hola! non sei falalo pero si que o entendo, un saúdo --Eliana 21:37, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Pois xa sabes, aquí tes a miña conversa para comentarme o que queiras. Espero que non che supoña moito esforzo comprender.A bioloxía é un tema apaixoante e resúltame grato falar del.

--Maria otero bouzón 16:43, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Pois se queres modificar algunha páxina en galego eu deixoche que o fagas na miña e así axúdasme a subir nota. un saúdo --Eliana 19:41, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Resposta editar

Pois se necesitas axuda ou calquera cousa xa sabes onde estou ¡Un saúdo!--Anawiki (conversa) 22:54, 23 xaneiro 2009 (UTC)