Ana Caramés Canosa
Benvido(a) á Galipedia, Ana Caramés Canosa!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2019 ás 21:41 (UTC)
Arte de trovar editar
Ola Ana Caramés. Bo traballo o que estás a realizar con este artigo. Verías que modifiquei un pouquiño algunhas partes para wikificalo. Hai un momento, eliminei algunhas ligazóns que puxeras á wiki italiana porque non se permiten as ligazóns dese xeito. Eses conceptos quedan en vermello para que ti ou outra persoa engada eses artigos que faltan aquí. Lembra tamén na relevancia de indicar referencias que apoien o que estamos a escribir. Se tes, calquera problema non dubides en escribir na miña páxina de conversa. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 3 de abril de 2019 ás 15:58 (UTC)