Benvido(a) á Galipedia, Algoritmo22!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 8 de xuño de 2017 ás 17:36 (UTC)Responder

Modelo:Escritor editar

Boas, desfixen os teus cambios no Modelo:Escritor porque non é aí onde deben engadirse os datos dos escritores, esta información debe incluírse no artigo de cada escritor, enchendo os datos no seu propio modelo. Se precisas axuda podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:32 (UTC)Responder

Pablo Fernández Barba editar

Boas, vin a imaxe do artigo de Pablo Fernández Barba que subiches a Commons e quería saber a fonte de onde a sacaches, é preciso revisar a súa licenza. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:35 (UTC)Responder

Non te preocupes polos erros, aquí non se rompe nada e todo pode deixarse como estaba :).
Sobre a imaxe..., sinto dicir que esa non é a forma correcta de subir unha imaxe a Commons. Os dereitos de autor só poden ser liberados polo autor da imaxe, e ten que facelo de forma explícita, non vale unha conversa, ten que quedar reflectido dalgunha forma que poida ser verificada.
Temos que ver a forma de amañar isto. O autor ten algunha web propia ou ten conta en Flickr, por exemplo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 11:50 (UTC)Responder
Si, xa vin a foto en Urco, pero iso non nos vale por varias razóns: non indica quen é o autor, non é a obra orixinal que se subiu a Commons e tampouco indica a licenza libre.
Pois a única solución que vexo para que se poida manter a imaxe en Commons é que o autor mande un correo a Commons indicando que esa imaxe é da súa autoría e que a libera coa licenza indicada. Tes o proceso explicado en Commons:Commons:OTRS/gl e se queres máis detalles podes preguntarme. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xuño de 2017 ás 12:10 (UTC)Responder