Benvido(a) 93.97.220.219 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:08, 21 novembro 2009 (UTC)

Xosé Miguel Suárez Fernández editar

Ola, benvido á galipedi. Poderíasme dicir se tes algún vencello co escritor do artigo mencionado? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:08, 21 novembro 2009 (UTC)

Acouga, ip. Tampouco non é para que flipes, como dis. Non hai nada fóra de ton nesta frase anterior. E comprenderás que unha IP editando nuna artigo concreto dun autor non demasiado coñecido resulte sospeitoso. Por iso había que cho preguntar. De boas maneiras, como ves. E agradézoche a túa resposta. Máis nada, se tes algunha dúbida ou o que sexa faimo saber. E aproveito para afoutarte a que te rexistrar como usuario, que todo resulte moito máis doado para todos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:44, 21 novembro 2009 (UTC)