Benvido(a) 91.117.48.134 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:07, 25 abril 2008 (UTC)

Aproveito para felicitarche polo artigo de Pável Florensky, pero debo dicirche que os títulos das obras deben ir no título orixinal, se non están traducidas ó galego, aínda que despois entre parénteses se pode indicar a tradución. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:07, 25 abril 2008 (UTC)

Persecución e colaboración editar

Ola, IP 91.117.48.134. Obviamente imaxinarás que non é unha persecución se nin sequera coñezo o usuario máis que por unha IP. Se estiveses rexistrado, poderiamos manter unha conversa sobre o artigo dun xeito cordial e usual, pero se editas cunha IP eu non podo saber nada de ti (se es un usuario recén chegado ou veterano, se es un gamberro ou unha persoa con moita e boa vontade...), etc. Polo demais, na túa mensaxe refíreste a dous tipos de trocos, que realizaches en dúas edicións distintas. Vou cos primeiros:

  • Pregúntasme qué penso de Beiras, de se creo que medrou o turismo ou se me parece que Baltar goberna a provincia de Ourense de forma máis ou menos caciquil. Probabelmente incluso concorde contigo, pero a wikipedia non se basea nas opinións túas ou nas miñas, senón en referencias a obras que fosen publicadas ao respecto. Non se trata do que ti penses sobre baltar ou do que eu pense, senón de que hai que empregar unha fonte de referencia que o diga. Medrou o turismo? Sen dúbida. É iso un trazo distintivo do período de goberno fraguiano? Xa non son eu a dicilo. Medrou máis, por exemplo, ca en Asturias ou en Portugal? Aí é onde hai que achegar referencias. Aumentou o BNG os seus escanos? Sen dúbida. Debeuse iso a Beiras? Non me consta. E se a ti che consta, deberías achegar a referencia desa constatación, e non manifestalo como unha opinión. Non se trata dun enfrontamento entre o que ti pensas e o que eu penso, senón entre o que se pensa e o que se pode referenciar. Por iso mesmo, cando se di que moitos galeguistas foron executados, sen faltar á verdade, estase ocultando que foron executadas persoas de moitas máis ideoloxías. E ao considerar as Irmandades da Fala como o único feito importante da historia de Galicia no primeiro terzo do XX estase dando unha imaxe da historia de Galicia como se equivalese á historia do nacionalismo. E iso non é así, á parte das opinións persoais que cada un poida ter sobre esa relevancia e nas que, repito, quizais incluso coincidamos.
  • Posteriormente fixeches outra edición, onde como ti dis incluías referencias ao bipartito. A razón dese borrado foi de tipo técnico. Ao facela, borraches outros contidos, e cambiaches os estilos da páxina de tal xeito (por erro, dou por sentado), que non era posíbel amañalo sen pasar unha cantidade inxente de traballo. A solución era desfacer a edición e agardar que a refixeses de novo ben.

Podes apoiarte en min, pregúntame dúbidas, consúltame problemas. Eu non persigo usuarios. Pero todo será máis sinxelo se te rexistras, para o que lémbroche, non tes que dar o teu nome real. Unha aperta (confiando en que leas esta mensaxe). --Xabier Cid Conversa 10:45, 31 maio 2008 (UTC)

Referencias editar

Cando se sinala que cómpren referencias non é para que se poña xa o dixo Villares. É para que se sinale a cantidade, o libro de Villares e a páxina onde o di exactamente. Iso é unha referencia. Do mesmo xeito, eliminei algunhas das opinións verquidas no artigo historia de Galicia: está ben saber que tivo 15 escanos a ORGA, pero o que ti estás dicindo é que iso foi un éxito. E para valorar algo como éxito ten que dicilo alguén, non ti. Do mesmo xeito, está ben que medren as prazas hostaleiras (cando? quen o di? onde foi publicado?) pero de aí a valorar iso como un aumento do sector producido pola xestión dun determinado goberno hai un treito. Do mesmo xeito entenderás que dividir a acción de goberno en dous campos, atribuírlle a un accións positivas e do outro dicir que segue unha política continuista cos anteriores é, independentemente do que eu poida pensar, algo non referenciábel. Agardo que entendas como se deben achegar datos, e en que se diferencia unha enciclopedia dun artigo de opinión. --Xabier Cid Conversa 00:02, 1 xuño 2008 (UTC)

Do mesmo xeito, non vale dicir IGE. Hai que dicir, onde, que páxina, que enlace. --Xabier Cid Conversa 00:04, 1 xuño 2008 (UTC)

Catro aclaracións sobre vitimismo e referencias editar

Ola de novo, IP 91.117.48.134. Agradeceríache que non fixeses vitimismo, que non me acusases de monopolizar e que non realizases valoracións demagóxicas, como compararme con Villares, por exemplo. A wikipedia non é un foro de discusión nin un espazo pró troleo. Se queres podemos debater durante séculos sobre validez de fontes, pero non penso entrar nese tipo de rifas persoais: a wikipedia non é un sitio nin pra crisparse nin pra crispar os demais. Por iso hai tres cousas que hai que ter claras:

  • As referencias son vitais. E son máis vitais canto máis importante é o artigo (e Historia de Galicia éo) e canta máis polémica pode causar. Se estamos mencionando datos que poden estar en discusión, temos que apoiarnos en fontes, pero en fontes reais. E esas fontes reais non é un libro de Pilar Cagiao. Senón tal libro, de tal autora, que en tal páxina di exactamente isto. Iso é como hai que facer as cousas, porque temos que darlle a oportunidade aos demais usuarios da wikipedia de acudir a esas fontes, contrastalas, ou engadir outras. Dá a casualidade, porque a historia non é para nada o meu campo, de que manexei unha certa bibliografía sobre a emigración galega. Por iso mesmo sei que é moi moi difícil dar unha cifra de emigrantes para o século XX. Hai determinados períodos, sobre todo os finais do XIX e principios do XX, que están bastante ben estudados e que, malia as diferenzas entre os distintos autores, existe un consenso notábel. Pero hai épocas que non están estudadas (anos 80 e 90), onde as fontes son pouco fiábeis (anos 90) ou onde existe moita diverxencia entre estudos (anos 60 e 70) debido a razóns metodolóxicas. Eu non estou dicindo que saiba máis que Villares, porque eu non teño nin idea. Pero sei que non se pode afirmar que de Galicia saíu un millón de persoas sen referencialo correctamente.
  • E se a referencia ten que xustificar feitos, moito máis opinións. Ti dis que os 15 escanos da ORGA foron un éxito, e aí estás valorando. E estás valorando ti, non Beramendi. Eu non sei se esas eleccións foron limpas, se eses candidatos xa pertencían antes a outras formacións que xa estaban representadas, non sei o número de votos, non sei o aumento na porcentaxe de votos, non sei cantos escanos se repartían en Galicia nin sei se os deputados da ORGA estaban homoxeneamente repartidos por Galicia ou concentrados só na cidade da Coruña. Se dás todos eses datos coidadosamente referenciados, xa non tes que valorar que fose un éxito. Xa todo o mundo se decatará de que é un éxito. Do mesmo xeito, non se lle discute a validez ao DOG, pero ti non estás citando o DOG: ti estás dicindo que o BNG fai continuismo do PP, e iso non está no DOG. E se estivese, hai que indicalo. O goberno aprobou unha determinada serie de leis, entre as que ti, e só ti, escolmas unhas que che interesan e deixas outras sen indicar. Esa escolma non a fixo nin Villares, nin Barreiro Rivas, nin sequera unha páxina de rumores, senón ti, e dela deduces unhas tendencias: progresista nun caso e continuísta no outro (e impórtame ben pouco como distribúas os papeis). Espero que te decates onde está o problema.
  • Ti mesmo solicitas un respiro. Por min xenial. Se estou aquí é pra axudar, non pra botar traballo abaixo. Pero non podes reclamar un respiro e seguir a facer as cousas incorrectamente. Unha boa actitude pasaría por rexistrarse, para facilitar o diálogo con todos os usuarios, e non só comigo. Outra, ir referenciando o que xa se che dixo que había que referenciar. Outra é reducir a parte opinativa e concentrarte nos feitos. Finalmente, é recomendábel que asines as túas mensaxes. Un saúdo, e encantado de botarche unha man. --Xabier Cid Conversa 08:44, 1 xuño 2008 (UTC)

Ah, acoso e persecucións editar

Despois de escribir esta mensaxe vin que fixeras edicións en artigos iniciados por min reclamando referencias. Está ben que vexas o camiño que se debe seguir. Pero pensa que se só o fas cos artigos que inicio eu pode entenderse como acoso, algo que non está nada ben visto na wikipedia. De feito, o inzamento de marcadores de compre referencia como resposta a que alguén colocou ese marcador nun artigo onde ti estás traballando está explicitamente rexeitado e considerado sabotaxe. Pero de todos os xeitos, grazas. Iso permitiume mellorar algúns artigos. Un saúdo.--Xabier Cid Conversa 09:21, 1 xuño 2008 (UTC)