Benvido(a) 88.26.57.87 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola! Ó traducires un artigo desde outra wikipedia, cómpre indicalo na zona do resumo (por exemplo, "traducido de es:Rocco Sifredi); así mesmo, cómpre adaptar os artigos ó formato da galipedia: mirar cal é a categoría indicada para o artigo, eliminar os marcadores que non existen...

Outro asunto importante é o formato; como ben me comentou Beninho hai un tempo, coméntoche agora sobre o libro de estilo. Adóitase usar a cursiva para os títulos de cd's, ep's, películas e libros, e as aspas para as cancións, poemas... Os títulos das películas non deben ser traducidos, agás que exista unha versión da película en galego.

outra recomendación é que cando traduzas ou crees un artigo que existe noutra wiki, engadas neses artigos unha ligazón ó artigo na wiki:gl (caso de Rocco Sifredi, estaría ben engadir a ligazón nos artigos en inglés e en castelán, e logo os bots se encargan de seguir a tarefa).

Para calquera dúbida, consulta con un administrador, que de seguro che resolverá calquera dúbida. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:30, 26 maio 2008 (UTC)