Benvido(a) 84.79.11.14 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Elisardojm (conversa) 12 de setembro de 2014 ás 08:23 (UTC)

Asina as mensaxes nas páxinas de conversaEditar

Ola 84.79.11.14. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de agosto de 2014 ás 22:02 (UTC)

Letras de temas musicaisEditar

Ola anónimo/a.

A letra dun himno deportivo ten un autor ou autores e, coma calquera outra obra dese tipo, esta protexida polas leis relativas aos dereitos da propiedade intelectual.

Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de setembro de 2014 ás 18:34 (UTC)

Edicións desfeitas en artigo de "Galicia bilingüe"Editar

Ola.

Aínda que deixar comentarios a un usuario non rexistrado non teña moito sentido, vou tentar explicar de xeito breve o porque das miñas edicións no artigo de "Galicia bilingüe". Nas edicións que fixen en outubro eliminéi comentarios e aseveracións que correspondían a xuizos de valor. A Wikipedia é, ou tenta ser, unha enciclopedia, e como tal debe evitar as opinións personáis ou as afirmacións sen datos contrastables.

Non se pode facer unha lista de persoas que apoian esta asociación sen incluir referencias. Hai referencia implícita a Rosa Díez (na foto), pero para ter unha soa persoa na lista, mellor non poñer nada. A afirmación de que as suas tesis van contra o criterio maioritario en Galicia, pode ser certa, e seguramente o sexa, pero non se debe decir se non hai dato algún co que documentalo. Do mesmo xeito, indicar que vai contra o criterio da Carta europea das linguas minoritarias e rexionáis é, desde o meu punto de vista, atrevido cando menos. Da miña lectura da Carta saco outras conclusións moi distintas. Este punto estou aberto a discutilo, xa que pode que a miña lectura sexa errónea. A referencia a quen é a man dereita de Gloria Lago, penso que sobra por estar en parte fora de lugar e por ser difícil de verificar. Engadín unha referencia a páxina onde se indica que as suas reunións son anuais. Non entendo porque se elimina. Eliminei a calificación de "recentralizadora" para as suas tesis, por ser de novo un xuizo de valor. O mesmo coa referencia a se van contra a maioría dos lingüistas. Pode que así sexa, e seguramente é así, pero volta a ser un xuizo de valor non contrastable. As miñas correccións en outros parrafos tentaban dar unha redacción mais obxectiva, e menos calificativa. A eliminación da referencia a que ten pouco apoio ven dada por idénticos motivos. Non hai referencias.

En resumo. A Wikipedia en xeral, e a Galipedia en particular, é unha enciclopedia, non un foro para verter as nosas opinións.


--Emilioperezgonzalez (conversa) 9 de novembro de 2014 ás 23:38 (UTC)