Benvido(a) 83.45.16.218 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:52, 17 xullo 2009 (UTC)

Ao estarmos perante unha cuestión que se presta ao debate, é mellor conversar antes de facer os cambios. Sen deixar de ter en conta as túas achegas, propuxen unha mudanza do primeiro parágrafo na páxina de conversa do artigo. Bótalle un ollo cando teñas un intre. Por outra banda, xa terás visto que o usuario Prevert revertiu a túa edición con bo criterio, polas razóns que xa che dixen. Outra cousa, anímote a que te deas de alta como usuario rexistrado e aproveito para te lembrar que cómpre editar de forma máis global, non soamente nunha teima persoal, sexa esta a lingua castelá, o presidente dos EUA ou as cores dos modelos Nokia. Para calquera cousa non dubides en me contactar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:38, 17 xullo 2009 (UTC)