Benvido(a) 83.35.148.17 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Xuetas editar

Desfixen a túa edición en xuetas, o texto tiña tantos erros que levaría moito tempo corrixilo, se queres que ese texto poida permanecer terá que ser nun galego minimamente correcto.--Cheluco 19:14, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)
Lino perfectamente e está cheo de frases do estilo:Las causas polas cales a Inquisición volveu actuar contra os judaizantes mallorquinos, se o vas corrixir ti non hai problema, agora ben se puxeches o marcador en uso para evitar que se anule a edición sería vandalismo, como a wikipedia establece que haique ter boa fe non contemplo esta última posibilidade.--Cheluco 19:26, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola. De de fonte tomaches este artigo. É importante indicalo na caixa de resumo de edición. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:56, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola de novo. Na Wikipedia hai unha certa forma de facer as cousas. Non me queda dúbida de que alguén con tantas enerxías coma ti será capaz de achegar grandes cousas a un proxecto como este. Pero para iso debes aprender como se traballa aquí, non é de ningunha utilidade enfadarse, nin para ti nin para os demais nin para o proxecto. Sobre os artigos traducidos, a política que se segue é a de admitilos como norma xeral, pero non é así no caso daqueles que foron traducidos con deficiencias ou erros graves, a non ser que outro usuario teña a santa paciencia de reparalos. De todos modos a tradución tamén ten o seu aquel, non é só unha tradución textual. Se estás interesado no tema pódoche buscar uns cantos exemplos para que vexas como se fai. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:12, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eu comezaría por botar unha olladiña a isto: Wikipedia:Guía. Verás que hai unha serie de elementos (ligazóns, modelos etc) que se visualizan no artigo con forma de texto pero que na caixa de edición teñen unha forma moi distinta (entre corchetes, entre chaves etc...). Os que están entre corchetes son ligazóns internas, que te conducen a outro artigo dentro da wikipedia. Se traduces un artigo da Wikipedia castelá podes atopar escrito [[panthera leo]], que é a ligazón que conduce ó artigo sobre o león. Aínda que ese nome sexa correcto tamén en galego, non podes deixar esa ligazón así porque mentres na wikipedia en castelán organizan os artigos sobre seres vivos segundo o seu nome latino, na wikipedia en galego as cousas están organizadas doutro modo e os artigos sobre seres vivos están titulados polo nome común do ser vivo en cuestión. Así, onde antes dicía [[panthera leo]] agora deberás poñer [[león]].

O mesmo pódoche dicir para calquera texto que atopes entre chaves ({}). Por explicalo cun exemplo, se vas a Gregorio IV, papa verás á dereita unha caixa cunha listaxe de papas. Pois ben, se premes en editar verás que ó comezo do artigo hai isto: {{PapS-IX}} Ese pequeno texto entre dobres chaves é o que se chama modelo, e neste caso é o que xenera esa caixa coa listaxe de papas. Pero este modelo é o que se usa aquí, noutras wikipedias usaranse outros, por iso non chega con traducir artigos doutras wikis, hai que saber tamén se existe un modelo equivalente e cal é, e se non o hai ver de facelo ou ben borralo...

Lembra que hai unha cousa que se chama Zona de probas, onde podes fedellar todo o que queiras facendo probas e aprendendo. Podes intentar facer edicións reais pero pequenas, por exemplo corrixir faltas de ortografía ou erros pequenos. Non temas meter a zoca, que sempre hai alguén que está pendente do que fan os outros e xa cho corrixiría e che diría onde estivo o erro.

E xa sabes, calquera cousa pregunta. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:59, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)