Benvido(a) 81.32.247.254 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:54, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Dominios e redireccións editar

Non é necesario nin conveniente que fagas redireccións a partir dos dominios web, porque en todo caso poderían chegar a ter un artigo de seu. Mirado con rigor, non son o mesmo. As redireccións son para distintos formas de denominar un mesmo concepto, é dicir, sinónimos. Un saúdo e para calquera cousa aquí andamos. --Atobar (conversa comigo) 12:54, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Ola. Teimar pode significar bloqueo. Fai caso do que che di Atobar. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:57, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

Outra cousa que se cadra non sabías: Na Galipedia, a diferenza de nalgunhas outras wikis, non facemos redireccións dende os plurais. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:58, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Se volves actuar saltando o que se che di, serás bloqueado. --Atobar (conversa comigo) 13:04, 15 de febreiro de 2011 (UTC)
Nesta wikipedia, como sucede con todas, hai un formato propio a seguir. Telo na guía de edición e no libro de estilo. O costume é mencionar a cabeceira, non fai falla que remitas ao dixital; é evidente que se ligas externamente é ao dixital e non ao papel. Curioso que me saúdes dende Vigo pero en castelán e cunha ip de Madrid. --Atobar (conversa comigo) 13:10, 15 de febreiro de 2011 (UTC)