Benvido(a) á Galipedia, 81.32.121.99!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. Non se deben colocar artigos traducidos automaticamente sen antes facerlle unha revisión, empobrecen a lingua que se emprega na Galipedia entre outras razóns.--Arco de Rayne 17:01, 30 abril 2008 (UTC)

Ola, editor anónimo. Nos últimos días creaches diversos artigos que foron borrados case automaticamente. Procedían de traducións automáticas. En primeiro lugar, se se traducen artigos doutras wikipedias, hai que consignalo do resumo da edición, posto que, aínda que de difusión libre, as normas de uso dos contidos da wikipedia sinalan que hai que indicar a fonte. Por outra parte, o tradutor pasa por riba de títulos das cancións, de templates que non existen na Galipedia, de topónimos, de nomes propios, etc. convertendo un traballo que podería ser positivo en algo máis difícil de amañar: leva máis tempo poñer un artigo como o de Azúcar Moreno de forma correcta, que reescribilo de novo ou que traducir unicamente aquelas partes dignas de traducirse. Prégoche que modifiques pois a túa forma de proceder pois, se ben as colaboracións son interesantes, as traducións automáticas sen revisar son un lastre e un empobrecemento da Galipedia. Un saúdo --Xabier Cid 10:04, 1 maio 2008 (UTC)