Benvido(a) 81.32.104.42 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:36, 11 marzo 2010 (UTC)

Formato editar

Benvido e graciñas por colaborares co proxecto. Unha cousa: crear un artigo non é enchelo de contido á brava; cómpre darlle formato. Olla para o artigo Anemia drepanocítica, que e do estilo do que debería ser este que creaches de Febre. A ver se che serve de guieiro para continuar. E calquera cousa que precises non dubides en preguntar, a min ou a calquera outros dos habituais que andan por aquí. Un saúdo e de novo benvida á Galipedia. --Atobar (conversa comigo) 22:36, 11 marzo 2010 (UTC)