Benvido(a) á Galipedia, 79.150.23.45!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 01:04, 22 decembro 2008 (UTC).

  • Non che esquezas de porlle categoría aos artigos que creas.--Hugo22 01:14, 22 decembro 2008 (UTC)

Traducións automáticas editar

Ola ip! A realización de traducións automáticas masivas non é moi recomendable. Onte borrei moitos dos artigos que crearas por teren moitos erros, por non estar revisados. Este tipo de artigos teñen un valor próximo a 0, xa que calquera en calquera intre podería repetir ese mesmo artigo cos dous clics de copiar/pegar no tradutor. Así pois, as traducións automáticas sen revisar, e que ademais incorporan moitos erros de contidos (ademais dos ortográficos) derivados da baixa calidade do artigo que se traduce, son eliminados xa que van contra o interese da Galipedia de converterse nunha fonte fiable, independente e de calidade. Alberte Si, dígame? 17:17, 23 decembro 2008 (UTC)

Moitas grazas. Os tradutores automáticos poden ser de axuda, porén sempre hai que revisa-lo resultado moi polo miúdo xa que os erros son abundantes (verbos, concordancia en número e persoa, tradución de nomes propios, etc.). Ademais hai que fixarse ben no artigo a traducir, xa que algún dos que publicaches onte levaban vandalismos traducidos ó galego. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 17:31, 23 decembro 2008 (UTC)

categorías editar

As categorías poden ser creadas por calquera, porén teñen que ser unha continuación lóxica da estrutura actual. Tamén pode propoñerse unha estrutura de categorías sobre un tema en concreto (Wikipedia:Wikiproxecto Categorías). Sobre a eliminación da categoría Ateos: na galipedia non categorizamos á xente polo seu sentir relixioso (non temos a categoría Católicos, Protestantes, Xudeus ou Musulmáns), nin polo seu sentir político, nin pola súa raza, nin polo sexo, etc. Alberte Si, dígame? 18:24, 23 decembro 2008 (UTC)

Penso que non, xa que non hai categoría Filósofos cristiáns ou filósofos xudeus. Porén se pensas que debera ser así podes propoñelo na taberna, na sección de propostas. Eu xa digo que non estaría a favor, pero é só unha opinión, ó mellor a maioría de editores pensas diferente. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 18:45, 23 decembro 2008 (UTC)